Tempos de turbulencias e aerosois

565376607_799Marina Losada Vicente. —Ana, ti vas para enxeñeira! —dixéralle súa nai despois de oírlle que as cubetas dos inodoros estaban mal deseñadas, que tiñan que facerse de forma que as cagadas caesen directamente na auga e non nas paredes, ou que estas deberan ser  totalmente esvaradías, de forma que non quedasen resto pegados a elas. Os fabricantes non deberían priorizar deseño ou comodidade diante de utilidade -espetáralle-, farta das reprimendas maternas. Agora, grazas á COVID, o argumento é outro. -As turbulencias que se forman no interior cando se activa o mecanismo de descarga de auga dos inodoros, obrigan a pechar a tapa do wc, a fin de que non se propaguen bacterias e virus agochados nos famosos aerosois que, se ben eran un feito coñecido anos atrás, adquiriron notoriedade grazas á pandemia —le en alto Ana para argumentar a súa posición.

—Se temos que baixar a tapa antes de darlle á cisterna, queda claro que non podemos utilizar a vasoiriña! Ves como non estaba errada, mamá, a culpa é de quen deseña os retretes!

—Errada? A que estaba errara era eu, filla… que enxeñeira, ti vas para deputada!

4 comentarios en “Tempos de turbulencias e aerosois

  1. Querida Marina:

    Nunca prestei atención a ese detalle. Pero, agora que o comentas, penso que tes razón.

    Á marxe da utilidade, para min, o inodoro completo coa cisterna enriba, é a parte antiestética do cuarto de baño. Pero tamén considero que non gañaría moito máis na función decorativa si fose cilíndrico ou cónico.

    Non caera niso das “turbulencias contaxiosas”… Adoito tirar da cadea (apreta-lo dispositivo) coa tapa baixada; pois, por sorte -penso eu- non preciso o uso da vasoiriña.

    O meu galego non dá para máis.

    Apertas fortes.

    1. Levo algún tempo co tema das turbulencias, mesmo antes da COVID. Os científicos din que hai perigo de contaxio. Que expanden biquiños non desexados. Non parece necesario debate, por ser a explicación concluínte.

      No tema estético… levantar a tapa e ver “salpicaduras resecas” no seu interior! Pode dar para un debate, unha mesa redonda, que podería inclinarse a favor de que “non estorban a ninguén” en algún faladoiro. Bicos, Carmen.

  2. Non sabía que os retretes en América eran distintos. Eu aos de aquí daríalle unha voltilla. No de Noé… todo para facer esterco! Bicos, Magdalena.

  3. A deputada ou inxeñeira ten moita razón. Aínda recordo a un home chegado da América que dicía o mesmo” Aquí os retretes están feitos ó revés, aló non é necesaria a vasoiriña”.

    Nestes momentos estou pensando en Noé. Cómo faría o inventor de zoo itinerante para limpar tal mundo de Deus ? Xa mo imaxino con unha larga letanía (e non a Deus precisamente, ou si ) de improperios a todos aqueles animáis que ocupaban a maioría dos trescentos codos de eslora e cincuenta de manga. Seguro que a quén lle tocou limpar foi á muller e ás noras.

    Un bico dende Palmeira, sesuda Marina.

Deixa una resposta a marina Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *