“My Life In The Bush Of Ghosts”, unha perla atemporal

64170463Gonzalo Trasbach. No “Fear Of Music” (1979), o terceiro LP dos Talking Heads, hai unha canción I Zimbra, onde as guitarras estridentes e unha percusión omnipresente, case delirante, constituía unha mestura explosiva na que xa se podía adiviñar a posibilidade de compoñer este marabilloso “My Life In The Bush Ghosts”, un álbum que é froito da colaboración entre David Byrne, cantante e compositor de Talking Heads, e de Brian Eno, que tras o seu paso polos Roxy Music de Brian Ferry, empezou a exercer, aparte de compoñer a súa propia música ambiental, de  produtor de varios grupos da década dos 70 e 80, entre eles os mesmos cabezas parlantes e tamén U2 nos seus primeiros discos, entre outros.

Este fabuloso álbum, que foi editado en febreiro do 1981, é dicir, hai agora 40 anos, toma o seu título da novela do escritor nixeriano Amos Tutuola. O libro fala dun mozo que se agocha nun bosque de arbustos que resultou estaban todos posuídos por pantasmas. Aínda que os autores do disco aseguraron que naquel momento non coñecían o contido do libro, do cal só lles gustara o título, o certo é que cada unha das once cancións que completan o repertorio desta singular obra sonora parecen tamén poboadas por seres espectrais e misteriosos.

De feito, os temas son coma colaxes que armaron coa colaboración  doutros músicos, como John Cooksey e Chris Frantz (drums), Dennis Keeley (bodhran), Mingo Lewis (bata, sticks), Praire Prince (can, bassdrum), Jose Rossy (congas), Steve Scales(congas, metals), Busta Jons e Bill Laswell (bass) e Tim Wright (Click bass). Eno e Byrne eran moi afeccionados a escoitar música africana e percibiron que tiña un certo paralelismo con parte do mundo sonoro avanzado occidental. R-5303783-1390066768-1262.jpegMesturando sermóns radiofónicos, exorcismos, discursos políticos, un cantante libanés da montaña, Dunya Yusin (pastor), un alxeriano Moulims Du’ran e unha intérprete popular exipcia (Samira Tewfik), percusións selváticas e baixos acatarrados, e outros sons pouco habituais, sintetizadores, guitarras tratadas, e obxectos atopados nos países que percorreron e chíos de paxaros dentro de cavernas, compuxeron unha fusión primitivo-futurista que se adiantou en bastantes anos ao seu tempo.

“My Life In The Bush Ghosts” deu carta de natureza ao que máis tarde se deu en chamar etnotechno, un xénero que tivo moito predicamento na década dos 90, pero que logo caeu no esquecemento. Mais o disco de Eno e Byrne non aspiraba a tal cousa. Buscaba unha especie de exotismo, máis non no sentido do tópico turístico, senón do estrañamento e de acadar un sopro de aire fresco nunha escena que estaba ameazada polo aburrimento e a repetición. Neste LP, estraño e raro como posiblemente non houbo ningún outro no seu momento, empezaron a empregarse os sampler, un elemento musical case imprescindible nos anos seguintes. Neste álbum, aínda a día de hoxe, o tema America Is Waiting é un exemplo perfectamente vixente de hip hop abstracto e de culto. Os anos, e xa van aló 40 dende a súa publicación, non pasan por esta perla fantástica. Sen esaxerar, estamos falando dunha xoia imprescindible en toda discoteca que se preze de ter un toque de distinción vangardista.

5 comentarios en ““My Life In The Bush Of Ghosts”, unha perla atemporal

  1. Querido Gonzalo:

    Cuando leo tus entradas siempre busco entre los vinilos a ver si encuentro algún álbum de los que comentas. Hoy, después de revisar más de doscientos elepés desordenados, y que así han vuelto a quedar -ya me gustaría contar con un José Manuel que inventa espacio en los lugares más insospechados y, encima, con un estilo exquisito-, de música clásica y melódica en su mayor parte, localicé unos veinte álbumes de la época que comentas, creo. Por desgracia no he dado con ninguno de los que nombras y escucharlos en el ordenador o el móvil no es lo mismo. De los que he encontrado he seleccionado los nombres que me suenan: Bruce Springsteen, Simon and Garfunkel, Aretha Franklin, Joan Báez, Leonard Cohen…

    Esta mañana, mientras realizaba las tareas de casa, me he inclinado por Leonard Cohen (el álbum “Live Songs”). Para mí, más que cantar, recita. Es una lástima no dominar el inglés y poder escuchar su poesía y así entender mejor la música.

    Últimamente ando “atafegada” por pretender realizar demasiadas cosas a la vez. Por eso no atino…

    Como ves, aínda que malamente, queda outro “bicho raro” que le o que escribes.

    Bonitos sonos melódicos.

    1. Buenas tardes, cara Carmen. Ya dejé claro que esa xoia era muy minoritaria. Leonard Cohen era un gran poeta, un hombre que conocía muchos de los mejores poetas españoles, y un gran devoto de Lorca y creo que también de Cernuda. Uno de los grandes. Basta con escuchar, por ejemplo, “Susanne”. En fin, que normalmente no sigo los 40 principales. Pero es un defecto como otro cualquiera. Un millón de gracias por leer un artículo de estricto carácter divulgativo. Que la salud te acompañe, a ti y a toda tu familia. Bicos.

  2. Querida Magdalena, eu estouche moi agradecido só polo feito de que leas o artigo. Dudo que haxa moitos máis que o fagan, agás algún “bicho” raro que adoece pola música. Aquí só hai o xesto de reivindicar un disco xenial, pero moi minoritario. Muito obrigado como din os portugueses. Apertas.

  3. Querido Gonzalo:
    Cando empecei a entrar aquí nesta Cafetería, fíxeno con moita timidez e entrecortadamente, logo co tempo, con máis serenidade. Agora, ao cabo de tantos anos, teño un pouquiño máis de soltura, e ata con guiños cómplices nos lanzamos unha que outra greguería ou palíndromos, (ata me atrevo co galego, que Deus me perdoe, e vos tamén )

    Máis mal que ben, vou contestando a maioría das veces.
    Cando pola mañanciña vexo que entra algo teu, sei que non vou a saber contestarche, pero de todos xeitos quedo moi contenta porque o mellor dun texto non é o contido, sexa de música, de amor ou de guerra, o mellor é a busca de matices novos, e aínda que non sepa quen é John Cooksey, ou Chris Frantz, atopo esa tonalidade que lle das as entradas e o cariño co que escribes sobre o que che gusta. Felicidades.

    Moitos cariñosos saúdos palmeiráns.

Deixa una resposta a Gonzalo Trasbach Paz Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *