Cavando trincheiras

virus-desinfection.width-1920Domingo Regueira. Diplomados en ciencias alquímicas, políticas, doutrinais, mediáticas e orden; reciben consignas das escuras elites, para aventar a gran farsa.

Prensa, radio e televisión, expanden “Urbi et orbi”, a trola satánica.

O conglomerado de autónomos, xubilados, artistas, activos e parados; vaticinando a danza fúnebre, permanecen expectantes.

Colectivos de toda índole convocan asembleas por todo o territorio pero fracasan por carecer de divulgadores mediáticos.

O pobo unido…, si; pero…, quen o une?

<<Os virus andan soltos e o executivo ordena combatelo co boato das movidas catalanas>>

Helicópteros, bombeiros, exército, astronautas e voluntarios, aparecen nas teles con tráxicos ruídos de fondo, animados por mercenarios comentaristas a sazón.

Fumigan sen control canto atopan por diante; barrios, prazas, rúas, quioscos e sen teitos.

Xentes e cans en remuíños, corren espantadas diante dos camións de limpeza e tractores agrícolas.

Vídeos fregando pasamáns, manubios e farois enchen as pantallas; dispersan insecticidas por oficinas, xeriátricos, metros, asilos e conventos.

A poboación recluída distraese buscando nos dicionarios: confinamento; estado de sitio; toque de queda; toque de alarma; encerro perimetral, asintomático, ácido ribonucleico, ADN, ARNm, ARM e outros epítetos: Total…, quedan como estaban.

—Madriña. Qué é o toque de alarma?

—Non sei fillo, eu só me acordo do toque a oración, a morto e a fogo. — Contesta a tía co calcetín na bombilla.

Mentres os taberneiros cavan trincheiras; os políticos aferrados as chippendales, xesticulan e gravan contra o espello demagóxicos discursos cargados de neoloxismos para deixarnos colgados, coma un ordenador mal tratado.

Dado o éxito da fumigación, a xente é liberada con cautela deixándolle tomar un café a intemperie con profiláticas medidas de seguridade, onde as costureiras ata levan a cinta métrica.

Dende as terrazas tomando café, as señoras progres critican:

—Así non hai carto que chegue. Acaban de enlousar a rúa e é xa a están levantando.

—Vostede cale señora! —xorde da foxa un rebelde co pano de catro nos—. E vaia pro balcón a tocar a tarteira!

—Estes da telefónica volvéronse uns maleducados…! —sentencia a increpada cara ás compañeiras.

—Non son da telefónica muller…! Son os taberneiros!…

Mentres na tele os MATAFANTASMAS loitan coa praga bíblica; A poboación, compunxida chora nas casas as moreas de mortos dos telediarios, no cal lles fan ver ós incautos papa-teles, que os do pano de catro puntas sachan foxas pola Gran Vía, para enterrar ós do Covi.

—Avoa, que di o home de pelo rizo? —sinala o neno cara ó televisor.

—Nada fillo, non fagas caso que podes acabar coma el. Coa afonía incluída.

As da terraza baixan a buceira hasta o belfo para sorber o café.

Coma se foran camellos, grupos con uniformes de plástico, paran e cachean a xente; míranlle na fronte, na gorxa e na glándula pineal por si son portadores.

—Antes aos posuídos, auscultábanse poñéndolle a cruz na fronte —diserta unha cafeteira coa babuxa no bigote.

—Coido que se llo encargaran os exorcistas do Corpiño, san Campio ou a Paco Porras, axiña darían con el sen tanto espavento. —engade outra mollando a madalena.

—Si. Agora tamén teñen unhas cámaras termográficas e na áurea xa che ven o bicho, o chip e a roupa interior.

—Hai! Iso eu non llo consinto. —salta a que recriminou ós da telefónica.

—Iso dilo ti, pero se queren poden facerche o test rápido e sen rechistar, mándanche para o Isabel Zendal; sen neceser, sen móbil, zapatillas nin pixama. —aporta unha remexendo no café—. Por que pensas que fixeron ese mega-hospital….? Por que aprobaron a lei de eutanasia…? Por que pensas que nos dan a vacina gratis e a forza…? —Sobramos…! Miña irmán. sobramos!!!

5 comentarios en “Cavando trincheiras

  1. Querido Mingucho:
    Aquí no hay que cavar trincheras, ni “farrapo de gaita”. Lo único: ponerse a buen recaudo y seguir las instrucciones de los expertos; ya no para perder el “trasero”, sino nuestra anatomía completa.
    ¿Qué no pasa nada…? ¿Qué todo es un montaje inventado, por no sé quién…? No seamos ilusos y curémonos en salud siguiendo los consejos de los profesionales de la medicina.
    ¿Quién está eliminando, matando diariamente a millones de personas por todo el mundo…? Esto es un hecho palpable. Aquí no hay infundios, ni patrañas, aquí hay una realidad aplastante que está acabando con todos los que habitamos el planeta tierra. Tal vez a otros no haya llegado esta “peste neumónica”, o “peste negra”.— Ya no sé como llamarla.— Seguro que allí, no tendría a quien infectar.
    No estoy de acuerdo donde dices que los vacunados, quedan como estaban.— La vacuna es una opción, querido amigo, que está salvando muchas vidas. Lo que llego a pensar, por lo que cuesta “erradicarla”, es que podría tratarse de una “plaga Bíblica”.
    Ah!, y diles a las “cotillas” de tu narrativa, que aquí no sobra nadie. ¡Solo faltaría!!!
    Que se vacunen, y tú también. Hazme caso.

    Mi recuerdo cariñoso desde el Vilar.

  2. Querido Mingucho: Yo, que vivo en Madrid, no veo más allá de unas mascarillas y procurar guardar (malamente) las distancias como protección ante el virus. Y la vacuna, por supuesto. No es que tenga una fe absoluta en ella; pero parece estar comprobado que la persona vacunada tiene más defensas.
    Las noticias de la tele prefiero ignorarlas. Y en cuanto a los vocablos nacidos por mor de la pandemia…, no tienen cabida en mi jerga. Lo mismo me ocurre con una serie de anglicanismos con los que se trata de eliminar vocablos del español.
    Para poder entrar en Internet dependo del móvil y pierdo con facilidad la conexión y el hilo de lo que escribo. Un abrazo.

    1. Apreciable Carme:

      A veces, pásame pola cabeza o volverme ortodoxo coma un bourel, tolerante, e pasar de todo. Pero ao mesmo tempo descubro, que no fago polo que me importen os cromañóns, senón que o fago pola miña propia conveniencia; pois cheguei a conclusión de que si non defendo a miña liberdade individual, apúrranme o populacho, como causante do exterminio.
      Leproso…! Sintomático…! Negacionista…! Portador..! Insurrecto…, Barruntador…! Conspirador…! E canto se lle ocorra os comisarios do mediático e (camuflado “oficio”), para cravarme no corpo o que lle pete, e levarme a un centro de illamento, campo de apestados u de exterminio. (V. Isabel Zendal).

      Como ves, eu sempre co meu retrato de eufórico optimismo.

      Saudiña e longa vida, amiga Carme.

  3. Noso querido Mingucho:
    Onte no telediario dixeron que un bombeiro non quixo vacinarse contra o Covid, foi o único que non o fixo de todo o corpo de bombeiros . Supoño que te enteraches que faleceu da citada enfermedade con coarente e poucos anos.
    O refraneiro dinos que “El que por su gusto muere, hasta la muerte le sabe”
    Encantada de lerte, aínda que distemos anos luz na maneira de pensar.
    Bicos dende o Brañal.

    1. Coido Magda, que pouco distamos.

      Só que ti eres unha persoa convencional, que te fías da tele, sen cuestionar os seus infundios, i eu, non.

      A tele, —propiedade das élites—, é a que manexa o “bicho” con insultantes sofismas, persuadíndo os nativos a que lle leven o brazo a marcar, para que estes poidan viaxar, entrar nos bares, comercios ou voar…

      A min, terán que fusilarme, antes de que lle deixe poñer a “marca da besta” (apocalipsis de San Juan).

      Os do N.O.M. calculan que con 500 millóns, o Planeta pode ser sostible, que veñen a ser eles cos vasalos, servos i escravos transhumanistas, manipulados neuróxocamente, grazas o GRAFENO almacenado no cerebro.

      O monumento de pedra instalado en 1980 no estado de Xeorxia EE.UU, xa advertía desto.

      Si tes interese pincha aquí.

      https://www.lanacion.com.ar/revista-brando/conspiranoia-que-son-las-piedras-guia-de-georgia-nid08052021/

      Dende o Eitón cos mellores desexos, querida e admirada Magda.

Deixa una resposta a carmen Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *