Regreso ao futuro

pexels-photo-1768067Mauricia Ces Quintáns. Cada verán desexo o regreso atrás. Ao marasmo da invernía, á monotonía da chuvia tralos cristais. Á posición fetal do punto de partida. Adormecer no diván do esquecemento. Estar no vento até caer estarrecida. Pensar que fago aquí, nesta galaxia descoñecida, fría, cada vez máis afastada da luz, máis próxima ao sol que derrete os sentidos. Volver. Cada verán coa súa opulencia, a súa falsidade, co seu brillo. Ao silencio. Cada verán, promesa incumprida cada verán, cada día, o futuro máis lonxe, inaprensible. Só o pasado foi. O vívido, o vivido. O esquecido. Volver. Non existir, agás no tempo.

2 comentarios en “Regreso ao futuro

  1. Querida Mauri:
    Na novela “Muerte en Venecia” citan a Cicerón dicindo esta frase: “Las expansiones del impulso creador, en el cual reside la esencia de la oratoria”.
    Léndote, venme a memoria.
    Moitos biquiños.

Deixa una resposta a Mauricia Ces Quintans Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>