Conversas de escaparate. O macuto

fidel1Fidel Vidal. -Un día ben estraño o de hoxe. Mesmo a alguén se lle esqueceu a mochila nese curruncho.

-Algún estudante que non quere ir ao instituto.

-Falas por propia experiencia. Nunca fuches afeccionado aos libros.

-Aos libros de texto.

-Vanche máis os contiños.

-Mira quen vai presumir! Bos desgustos lle deches aos teus pais.

-E así acabamos, de elegantes estatuas de escaparate.

-Nunca peor. Sexa como for, haberá que avisar á encargada para que devolva a bolsa ao seu dono.

-E se non perdera o macuto, se a abandonou adrede?

-Velaí toda unha demostración de intencións.

-De malas intencións.

-Que queres que che diga? A min tampouco me gustaban as clases pero diso a tirar cos libros nun agacho aínda falta camiño.

fidel2-E vai e colocouno diante túa, precisamente.

-Non digas parvadas.

-Eu digo o que digo. Non protestes e que non o saiba a túa noiva.

-Ao mellor a bolsa esa é un agasallo para a moza. Unha sorpresa.

-Por non ter a boca pechada, falou o chistoso.

-Calade, por favor. Silencio.

-Parece unha sirena.

-Desapareceu todo o mundo. Semella que ficamos sós.

-Mirade. Un policía vestido de astronauta. Anda amodiño portando unha pértega de robot.

-E que fai?

-Acaba de levar consigo o macuto.

2 comentarios en “Conversas de escaparate. O macuto

  1. Esas elegantes estatuas de escaparate, dan moito de sí, ogallá sigan engaiolándonos por moito tempo, porque son nectar e ambrosía para o lector.
    Moitos castos biquiñas da Castro castrofa. Outro día cóntoche o de castrofa, agora vou dar o meu paseo da mañá.

    1. Que che preste o paseo. Mágoa non poder acudir á festa do polbo de hai unhas semanas, celebrado nese lugar privilexiado que é Palmeira, no seu paseo do marabilloso porto á beira do mar, do fermoso e nunca ben aplaudido recuncho acolledor e amable lugar entre dúas praias, unha recatada e recollida e outra elegante e disposta… (Non te queixarás, Magdalena, e iso que ti es do Brañal) .
      Agardando pola castrofa van de volta castos biquiños.

Deixa una resposta a Fidel Vidal Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>