Corte princesa. Cambio de tendencia

aaaaaMarina Losada Vicente. Aquí estás, de pé, diante do espello. Disposta a saír á rúa. Un dos teus mellores vestidos, ese co que te sentes tan muller. Corte princesa, un deseño que sae do escave, pasa polo medio do peito e chega ao talle, alterando os patróns para dar forma ao busto. Si, na casa saben de moda. Ti presta atención! Saben tamén que cada peza ten o seu acorde cos complementos. Remachan que se a tea é dunha cor neutra, debe levar algún detalle de cor viva, estratexicamente colocado, asinando estilo. Insisten en que o deseño de escote determina a forma do colar, o tamaño dos pendentes. Mesmo o peiteado se ve condicionado polo conxunto. Non te esquezas!

Tes por diante un día atarefado. A independencia, no piso alugado, require certos trámites. Ao saír da biblioteca toca ir ao concello polo cambio de residencia, ao banco domiciliar a auga… de aí o teu vestido favorito, único na súa simplicidade. Non require que te peitees dunha ou outra forma, xa el sabe que o teu corte de pelo é inmutable. Tamén sabe que renunciaches a ser portadora de aneis, pulseiras ou pendentes, que tanto che gustan nas amigas, e non dá chío.

Sacas as zapatillas de casa e, descalza, valoras todas as posibilidades. Desde que vives soa dá gusto abrir o zapateiro e ter todo tan á man. No primeiro estante, zapatos e sandalias de tacón alto. No segundo, zapatos e sandalias baixas. No inferior, calzado deportivo.

O vestido é marrón con pequenos debuxos en fío negro. Convencida, pensas que os pés deben de ir de negro, a xogo co deseño da tea. E aí está, sentada no bordo da cama, poñendo os tenis especiais para andar. Vermellos.

3 comentarios en “Corte princesa. Cambio de tendencia

  1. Qué remate Marina !!! Despois de escoller tantos vestidos e tacóns altos para levar … Ao final rematou de poñer unhas tenis.
    Recoñezo que eu non o faría polo “coquetiña” que sempre fun. Por certo: as zapatillas de tenis que mostras na fotografía son fermosas, pero cada complemento no seu momento; hasta rima ben.
    Cierto que ahora, se ven hombres muy trajeados y con tenis en vez de unos finos zapatos. Sin embargo, reconozco que los hombres con estilo, se visten por los pies, ya que los zapatos son el elemento clave para elevar cualquier look o “destrozarlo” por completo.
    Es un placer leerte.

  2. Querida Marina:
    Sempre me fas rir cos remates das entradas das túas alegres propensións imaxinativas en toda a sua expansión.

    Non fai moitos días, unha muller recibeu unha visita moi esperada, estuvo cas zapatillas de casa ata a última hora, (uns “crocs” de goma comodísimos) tan cómoda se debeu encontrar que nin se acordou de cambiar o calzado. Douse conta cando se foi para a cama de que desde a mañá non había quitado aquelas chanclas tan vellas coma Paracelso.
    Nin siquera eran vermellas, eran grises coma o fume !!

    Un gustazo. Marina. Moitos biquiños.

Deixa una resposta a marina Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *