Galicia e os galegos na poesía castelá. CLIII. Mariano Gómez e Rafael Dieste

aaaaaaaRomán Arén. Mariano Gómez Fernández naceu en El Espinar, Segovia, en 1903. Comezou a súa andaina como poeta con Primera salida (poemas) (Segovia, 1925), para logo aproximarse á poética da Xeración do “/ cos poemarios Fiesta (Salamanca, 1929) e El sol por otros cielos (Madrid, 1935). Moi amigo de Eduardo Dieste, colaborou na revista <P.A.N.> e prologou o libro do uruguaio-galego Buscón poeta y su teatro (1933). A súa sinatura apareceu en revistas de vangarda como <Papel de vasar> e <Manantial>, mais tamén en <Atlántico> e <Castilla Gráfica>. Participou na guerra civil como miliciano e escribiu en <Umbral>, <Nova Galiza> e <Hora de España>, onde coincidiu con Rafael Dieste. Tamén moi amigo seu. En 1938 publicou o folleto Noviembre de Madrid. En 1939, a derrota e os campos de concentración franceses, dos que deu testemuño no libro Argelès-sur-Mer: campo de concentración para españoles en 1940. Máis tarde exilio en Venezuela, país no que colaborou en <El Universal> de Caracas e en <La Revista Nacional de Cultura>; pasou brevemente por Chile e rematou na Arxentina, onde proseguiu a súa carreira de xornalista, ás veces asinando como “Jaime Espinar”. En Bos Aires publicaría na editorial Atlántida algúns libros divulgativos como Marie Curie: su vida y su obra (1941), México (1944) ou El Romanticismo (1947). Volveu a Madrid en 1950 ao esquecemento e alí faleceu en 1984. Non figura hoxe nas antoloxías aínda que Luis Mínguez o inclúe en Diccionario lírico de Segovia (1991), e para coñecer a súa obra hai que recorrer ao Diccionario de las vanguardias en España. 1907-1936 (1995) ou ao Diccionario del exilio, dirixido por Aznar Soler e López García. Fóra dalgunha recensión, non coñezo estudos sobre a súa obra, aínda que é certo que a Universidade de Cambridge de EEUU fixo unha reedición na rede de Noviembre de Madrid en 1980.

Rafael Dieste, bo poeta en castelán, publicou Rojo farol amante en 1933 e reeditou o poemario en Bos Aires en 1940. Nesta reedición figura o poema que Mariano Gómez dedicou á poesía diestana no estilo do homenaxeado, moi conceptual e acertada:

Carne azul de la vida,/ lo mejor de los sueños/ sueña en tu poesía.

A sí mismos los suelos/ soñando se meditan/ y el pensamiento nace/ en la luz siempre viva.

En montañas celestes/tus pájaros anidan.

En los ojos del alma/ bajan todos los días/ y en la tierra más tierra/ su voluntad confirman.

Su voluntad de llama/ hace de muerte vida/ en libertad, fecunda/ senda de epifanía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *