Parasitos

insecto-acuatico-696x522Mauricia Ces Quintáns. Ocultos no canaval, os minúsculos invertebrados chupadores succionan os despoxos inzados de nutrientes. Atravesan as correntes dos regatos, vadean os ríos ata as orelas e invaden as ribeiras, entre combates e carreiras coa fin de situárense nas posicións máis avanzadas para acadar o sustento. As chagas retratan as batallas. De hábitos preferentemente noctámbulos, gatean desde os troncos dos noutrora altivos carballos deixando a pegada do sangue das pezoñas nas cortizas. Sempre ao axexo, aproveitan a escuridade para acceder á frondosidade das ramas, e xa, todo é delirio. Os oportunistas insectos devoradores roen as entrañas da illa.

Na madrugada, cando a luz do día apenas alborexa, os pequenos animais parecen descansar da frenética actividade nocturna. Non deron repouso e o sono deveu imposible. Está cansa. No seu interior, milleiros de pulgas invisibles reptan no intento de asaltar as órbitas do sol. Un día e outro día alimentando as vidas que lla quitan. Existirá remedio para exterminar a praga? Unha cura, alternativa ao lagarto, ao veleno, á lixivia? Como enfrontarse ao delirio, á loucura?

 

2 comentarios en “Parasitos

  1. Bo día Magdalena: grazas pola indicación. Por probar, nada se perde, e semella menos agresivo.
    Iso si, cebolas, de Noia.
    Ti sí que es interesante. Apertas.

  2. Moi interesante, Mauri:

    Chupadores hai moitos, bultos grandes, de humanidades ben cebadas…
    Pero indo ao máis interesante, o outro día aprendín que, a balouriña é un insecticida natural contra o pulgón.
    Biquiños dende Palmeira.

Deixa una resposta a Mauricia Ces Quintans Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>