Francisco Carantoña, narrador e crítico de arte

O Escritor. Memorias_del_peregrino_Till. ImaxePastor Rodríguez. Moi pouco coñecido no Barbanza, Francisco Carantoña naceu en Muros o 4 de abril de 1923. Químico de carreira, dedicouse ao xornalismo, á crítica de arte e á narrativa. En 1954 publica en Madrid un estudo sobre periodismo, El Siglo Futuro, pero vai destacar, sobre todo, como narrador, xeira que comeza en 1965 con Memorias del peregrino Tell, editada en Xixón, aínda que a súa obra máis famosa será La libertad de los tejones, Madrid, 1975. Como crítico de arte especializouse en pintores asturianos e en 1964 saca do prelo en Xixón Nicanor Piñole. Vida, obra y entorno del pintor e aínda en 1971 lle dedicará unha nova monografía, Nicanor Piñole. En 1972 tira do prelo unha nova monografía de arte, Fernando Magdaleno. Xa en 1975 publica Introducción a Orlando Pelayo e no 1985 La vida y sus vueltas. 81 artículos de Francisco Carantoña en “El Comercio” de Gijón. Cultivou tamén a literatura de viaxes, da que é boa mostra o volume aparecido en Xixón en 1974 con pouca atención da crítica galega. Cando se faga unha historia dos xornalistas de Muros, o seu nome debe ser incluído na nómina, a carón do pioneiro César Cisneros Luces, Ramón Artaza Malvárez, Manuel Fabeiro Gómez ou Arturo Romaní.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>