Conversas de escaparate. Cheiro

Sin títuloFidel Vidal. -Aquí fede.

-Serás ti que andas de vareta.

-Mira quen vai falar; un escagarriado.

-Onte seica ceaches repolo.

-Non, fabada e coliflor.

-Máis ao meu favor.

-Con rima e todo. Non sabía dos teus alardes poéticos.

-O esfurricado parece contar con boas ulideiras.

-Da mesma marca que as túas. E xa me gustaría abrandar algo para solaz e alivio deste meu pertinaz retraemento que acaba comigo.

-Deixouche a muller por outro, ou que?

-Sigo solteiro.

-Daquela vai ser a moza.

-A boas horas imos ligar desde esta quietude.

6091.tmp-As miñas fosas nasais pertencen a unha clase dun grao superior ás túas.

-Daquela vamos listos. Non hai can que che gane a cheiros.

-Os nosos narices son de mentira. Carecen de olfacto.

-Pois algo sucede senón como explicas esta soidade? Apenas se ve xente.

-E a pouca que asoma, non se apea da máscara.

-Só son ollos cando non levan gafas.

-O que eu che diga, colega. Polo cheiro.

-A verdade é que todos andan un chisco raros.

-Igual aterraron os marcianos.

-Entón nada que ver co repolo nin coa coliflor.

-Nin o arrecendo coa fabada.

-E todos coa cara tapada.

-Vai ser iso. Aterraron os marcianos e ignorabamos que cheiraban tanto.

-Vaia por Deus!

5 comentarios en “Conversas de escaparate. Cheiro

  1. Apreciado Fidel:
    Como siempre tan amable, tan caballero, contestando a mis pobres comentarios de humor. Y que agradezco en lo más profundo de mi corazón. ¡¡Gracias!!
    Aprovecho, también, para desearte todo lo bueno, en el año que se avecina. Que este año 2022, sea mejor que el que está dando sus últimos coletazos.
    Un cariñoso abrazo.

  2. Apreciado Fidel:
    Entre la “vareta” de uno, y la “cagarria” del otro. ¡Menudo perfume!
    No cabe duda que entre la coliflor, repollo y sus derivados, el tufo se nota. Y no digamos la fabada. Creo que esta se lleva la palma, pero aún hay algo más.- No hace mucho escuché en un “corrillo” de conocidas que, hablando del tema de los aromas de este tipo, una de ellas decía: cando preparo peixe para o meu home, nunca quere que o prepare con patacas, senón con cebolas minúsculas. O malo é que despois do enchente que se toma, de cebolas, ese día non hai quen pare ao seu carón. E aínda engadiu: esa noite vou durmir noutro cuarto. ¡Qué cheiro miña nai!
    Ao parecer, o cheiro semellaba o dunha “bomba apestosa”.

    Y termino porque temo que el aroma de tanta fragancia os llegue hasta ahí.

    Desde Palmeira, para compensar la fetidez, unas gotitas de Yves Saint Laurent.

  3. Bos días, querido Fidel:

    Seguro que os marcianos non tiveron nada que ver. Nin tampouco a fabada, nin sequera a coliflor; foiche a vinganza de Montezuma o que lle fixo remover as tripas ao do pertinaz retraemento por non queimar calorías e estár ahí tan repousado no escaparate.
    Sigamos todos coa cara tapada andando pola rúa, pois aínda así, queimando ETAPAS, sen ela, APESTA.

    Moitos, moitos, castos biquiños.

    1. Bo día, querida Magdalena.
      Estou contigo. Sigamos pois coa cara tapada, non vaia ser que a caguemos outra vez. TAPADA a PATADA, por debaixo mesa, con disimulo. Recibidos os castos, outros de volta.

Deixa una resposta a Fidel Vidal Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *