Conversas de escaparate. O que eu che diga

fidel 1Fidel Vidal. -Dígocho tal como é.

-Para que te fíes das mosquiñas mortas.

-As cariñas de anxo sonche as peores.

-Estás ben certa do sucedido?

-A min non me van as medias tintas.

-Xa, pero paréceme demasiado.

-Eu non teño pelos na lingua, querida.

-Pero quen podía pensar tal cousa?

-Por detrás dáballe á lareta.

-Xa ves, falan as que máis teñen que calar.

-Semellaba talmente unha monxiña.

-Son das cortan o bacallau sen dicir nin pío.

-Está visto, a mellor palabra é a que está por dicir.

-Ou por calar.

fidel 2-E parecía parva.

-Se eu che contara que ti non saibas…

-E co descaro de pasear pola rúa como chuspíndonos á cara.

-Unha descarada.

-Seguro que vai casar de branco.

-Seguro. Brancura inmaculada.

-A que leva na barriga.

-Ou nas bragas.

-Polo visto sempre foi por libre.

-Sóbranlle as raias do caderno.

-Acabouse a vergoña.

-O que eu che diga.

2 comentarios en “Conversas de escaparate. O que eu che diga

  1. Fidel:
    Me parto de risa con tu entrada “O que eu che diga”.
    Has hecho una versión impecable, con tus maniquíes, sobre lo que es una conversación entre amigas “cotillas”. Recuerdo de joven, y no tan joven, como unas y otras se “despellejaban” vivas.- Como cayeras en sus lenguas “viperinas” …, no te salvaba ni el Lucero del Alba. Y créeme que no miento, por eso al rememorar esas “conversas de escaparate”, me rio muchísimo, porque después hago una versión, a mi manera, dándoles vida con mi voz, a lo rústico.

    Y termino porque temo alargarme mucho.
    Siempre hay que dejar algo para mañana, para no hacerse muy vista.

    Un abrazo desde Palmeira.

    P/D: Na miña época, e aínda agora, dicían que as persoas con cara “de mosquita morta”, e as de “monxas”, eran as peores. E desculpa o meu galego.

    1. De “mosquita muerta”, esa era a forma de sinalar as que aparecían en escena como infelices ou inxenuas. Non te fíes, aconsellaban as nais, e mesmo para os mozos que semellaban un chisco aparvados. Si, si… Despois pasaba o que pasaba. Un saúdo, prezada Naty, co meu agradecemento.

Deixa una resposta a Naty Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>