Galicia e os galegos na poesía castelá CLXXI. Rojas Villandrando

CoverRomán Arén. Agustín de Rojas Villandrando é coñecido na literatura castelá por El viaje entretenido, publicado en Madrid en 1603. Parece que era de orixe galega e que seus pais eran fidalgos de Ribadeo que pasaron logo a Terra de Campos. Afirma Rojas que “fui soldado y alojando por Galicia, hallé un gallego que afirmaba ser yo su hijo..”.

Coñeceu Ferrol e A Coruña e a esta última cidade dedicou un soneto:

Adiós, hercúleos muros, que a los cielos/amenazáis con la soberbia altura./Adiós, tierra dichosa, sepultura/de mis contentos, glorias y consuelos./Adiós, árboles verdes, que mil hielos,/mil blancos pechos, más que nieve pura,/encubrís en quien tiene hermosura/tanto lugar como hay en mis recelos./Adiós, sabrosas fuentes apacibles;/adiós, mar, que hoy os vence el de mis ojos;/quedaos adiós, y adiós también yo mismo./Hoy muero, hoy son mis penas insufribles,/hoy me voy y me quedo, y mis enojos/hallan en mi destierro el propio abismo.

Non saímos moi mal parados neste poema de “morte de amor”: tierra dichosa, árboles verdes, sabrosas fuentes apacibles. Nin a muller galega é puta, ou fea ou criada. Algo é algo.

Quen primeiro se ocupou, que eu saiba, en Galicia de Rojas Villandrando foi o xornalista e antólogo Xosé Landeira Yrago nun traballo publicado na revista <Grial>, nº 41, en 1973: “Viaxe sentimental por Galicia do autor de El viaje entretenido”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>