En coiros

images (1)Marina Losada Vicente. Gozaba coa auga morna entre as súas pernas abertas. Gozaba. Gozaba coa brisa do mar entre as súas pernas abertas. Gozaba. Gozaba coas burbullas de escuma entre as súas pernas abertas. Gozaba. Gozaba con só pousar a man entre as súas pernas abertas. Gozaba.

Pechou os ollos.  Gozaba. Adormeceu e tivo un soño erótico. Gozaba.

A placidez da tarde quebrou polo son dun motor. Máis alá da molestia do ruído, preocupouna pouco que fose unha segadora, unha cortacéspede ou unha motoserra, estando como estaba nun alto no que era imposible ser vista desde punto algún. O estrondo ía en aumento e non parecía proceder dos terreos de cultivos próximos, senón que viña do ceo, mais non era un avión comercial, que voan ben alto, nin un helicóptero da garda costeira, que pasan a grande velocidade. Era unha avioneta de mediana dimensión. De recoñecemento pensou. Estivo segura de que se detivo enriba dela, aínda que sabía que fisicamente non era posible. Imaxinou publicada a súa foto dentro da bañeira de hidromasaxe que acababa de instalar na azotea da súa casa. Primeira e última vez que se metía en coiros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *