Nick Cave e a chamada da dor

IMG-20220518-WA0000Gonzalo Trasbach. (Na memoria de Antonia Da Silva Castro. Para Magdalena). Din que os xenios están encadeados a unha dor secreta. Tamén din que só os creadores xeniais saben sufrir. E que os comúns dos mortais, que somos máis ben idiotas ou necios, non sabemos facelo. Iso din. Mais tan necios non debemos ser se lembramos que o escritor italiano Cesare Pavese (Turín, 1908-1950), que se suicidou o 27 de agosto de 1950, deixou dito isto: <A grande, a tremenda verdade é esta: sufrir non serve para nada>. Din así mesmo que a tristeza é unha virtude que coroa a figura dos “elixidos”. Neste sentido, Vincent Van Gogh, sen dúbida un pintor ben singular e angustiado, escribiu un día: <É inútil, a tristeza durará toda a vida>.

Así pois, Nick Cave, anxo ou demo do blues-rock, segundo se mire, que acaba de sentir como a chamada da dor volveu petar na súa xanela, debe ser, polo tanto, un xenio. No seu sangue brinca o daimón da creación, talvez polo mesmo motivo A comedia de Dante arrinca no inferno.

Pero ninguén está preparado para a morte dun fillo ou dunha filla, aínda que non sexamos xenios nin artistas, aínda que nos consideren uns pobres idiotas, verdade, nosa amada Magdalena? E NC tampouco, e menos se en vez de un son dous os que perdes.

Hai sete anos, NC ficou sen o seu fillo Arthur, un adolescente de quince primaveras que se precipitou por un acantilado no litoral de Brighton (Inglaterra), a cidade onde reside. A súa ausencia inspirou un disco cargado de dor e sombras: “Ghosteen”. O pasado día 10 deste mes (e o 13 foise a túa rapaza, non é así, cara Magdalena?), soubemos da morte de Jethro: o seu primoxénito de trinta e un anos. Este descendente era froito da súa relación coa modelo australiana Beau Lazenby, que xa tiña sete abrís cando coñeceu o seu proxenitor, que de novo vén de ser abatido pola aciaga fortuna, ou talvez será outra cousa? Como sexa, o certo é que o falecemento deste fillo vén  asolar outra vez o compositor australiano.

Dous días máis tarde deste brutal e inesperado impacto, chegaba ás salas de cine o documental This Much I Know to Be True de Andrew Dominik sobre o líder de The Bad Seeds e o seu amigo e compañeiro de grupo e exquisito multinstrumentista Warren Ellis. Aquí amósase NC recuperado, reconciliado coa falta de Arthur, o primeiro dos fillos que tivo con Susie Blick, coa que está felizmente casado e coa que vive xunto co outro fillo,  Earl, e tamén con Luke, o descendente que concibira xunto coa xornalista brasileira Vivanne Carneiro.

ghosteen-nick-cave-portada-albumO cantante casou con Susie tras “limparse” do jaco e outras drogas e de coñecer a Jethro. A dor que lle causara a perda de Arthur xa aparecía como saldada en “Carnage” (2021), disco a dúo con Warren Ellis, que entrou nos Bad Seeds no 1994, e polo que pulula o discreto fantasma do seu rapaz, pero no que a atmosfera que nel se respira é de cura e optimismo.

No ano 1996, logo da incorporación de Ellis á banda, NC continuaba “enganchado” ao cabalo. Por aqueles días viviu dúas rupturas e tamén un tormentoso e curto romance, que resultou tan traumático coma as dúas separacións citadas. Primeiro rompeu coa nai de Jethro, e tamén coa de Luke. E chegou despois o seu turbulento e intenso romance con PJ Harvey, que se esborrallou coma un castelo de area. Ocorreu unha mañá no seu piso de Nothing Hill. Estaba preparando o primeiro xute do día cando soou o teléfono. Era a dama de Dorset anunciándolle que non ía seguir con el. Que todo acabara.

O resultado deses tres feitos traumáticos viuse no 1997, cando se transformaron nun disco que, o que isto rubrica considera coma un dos mellores de toda a súa produción, a contracorrente dos críticos daquela época, que preferían a besta que nos falaba cruamente de asasinos sen escrúpulos, de homes agardando polas descargas na cadeira eléctrica, de persoas con garfos nas mans, de crimes horrendos… En cambio, os tres traumas fixérono devir nun novo home e un músico distinto. Isto é: “The boatman’s Call”, un LP que lograba estremecer os nosos corazóns, pondo el sobre o piano o seu mesmo destrozado.

Aínda que coma os críticos daquel momento, NC posteriormente se revolveu contra deste fabuloso álbum, este é o seu máis emocional e romántico (que non sentimental, coma moitos dicían ou pensaban). Foi entón cando o bautizado como Príncipe das tebras regresou ás fábulas góticas ou sanguentas. Mais co paso do tempo NC reconciliouse co seu traballo talvez máis fermoso e espiritual, antes da última etapa da súa traxectoria sonora, sobre todo trala morte de Arthur, con motivo da cal publicou un fantástico díptico: “Distant Sky” e “Ghosteen”.

416m62kOeNL._SY300_SX300_QL70_ML2_Foi “The Boatman’s Call” unha especie de medicina coa que se curou da dor e se liberou do embruxo que lle producira a súa relación con PJ Harvey, a quen coñecera mentres gravaba “The Murder Ballads”. O namoramento resultou máis curto do que se imaxinaba: era ela o que estaba esperando?, pregúntase no sexto corte deste disco. Ninguén o podía sospeitar, sobre todo unha vez escoitada a tensión sexual que latexaba torridamente en Henry Lee, posta en total evidencia durante a gravación do vídeo de promoción da canción.

Os doce temas, con el só ao piano, e unhas poucas intervencións dos seus compañeiros de grupo, entre as que destacan as achegas ben medidos do violín de Warren Ellis, son un percorrido polas cicatrices amorosas, aínda abertas, do australiano. Mais aquí non hai reproches, nin rancores, nin desquites… Aquí alenta a melancolía pola perda da amada, talvez por iso, nos sucos do álbum reina unha intensa serenidade e unha fonda quietude.

Into my arms é a primeira melodía dun repertorio que culmina con Green eye. No arranque, NC recita ou talvez mellor reza estas contundentes e certeiras palabras: <I don’nt believe in a interventionist God, buta I know, darling, that you do. But if I did I would kneel down anda ask Him not to intervine when it came to you, not to touch a hair on your had, to leave you as you are. And if He felt had to direct you, then direct you into my arms>. (Non creo nun Deus intervencionista, pero sei, cariño, que ti si. Pero se o  fixese, axeonllaríame e rogaríalle que non intervise cando se trata de ti, que non che toque nin un pelo da cabeza, que te deixe tal como es. E se El  sentise que che ten que dirixir, entón que te dirixa aos meus  brazos).

5 comentarios en “Nick Cave e a chamada da dor

  1. A esos amigos del Café Barbantia.

    Ayer tarde tuvieron, Magdalena y José Manuel, la misa de entrada por su querida hija Toña.
    Al igual que el día de su entierro, la iglesia estaba muy concurrida por amigos y conocidos.
    La actitud de Magdalena, en todo momento, ha sido ejemplar porque supo estar sin “desmoronarse” aunque su dolor era evidente. Su aspecto lo indicaba, pero siempre sin perder la entereza.
    Es enorme esta mujer en todo. No me extraña que tuviese una hija tan maravillosa.- Digno ejemplo de su MADRE.
    Ayer, mi emoción en misa, fue enorme, pero al verla me encontré mejor. Era como si infundiese fuerza a los demás.
    Muy digno, por parte de todos, que la hayáis recordado con esas muestras de cariño. Emocionan muchísimo, pero también ayudan en momentos así.
    Cierto, como bien dice Carmen y Gonzalo, que ese dolor dura toda la vida, pero más cierto es: que el amor que se siente por ellos, nos ayuda a atenuar la pena y soportarlo mejor.

    Un abrazo cariñoso para todos.

  2. Prezada Magdalena:

    Creo que todos lemos nas túas palabras o que a túa voz non encontra, e que
    esa esperanza axúdanos, cando menos a min, a buscarlle un sentido ao que aparentemente non o ten.

    O mesmo abrazo de sempre, e esa esperanza!

  3. Querido Gonzalo:
    Es cierto que el sufrimiento por la pérdida de una persona querida dura toda la vida, pero el dolor se atenúa precisamente con su recuerdo. Y a Magdalena y José Manuel Toña les ha dejado tanto que recordar… Lo dice una madre que pasó por la muerte de un hijo de 49 años (la edad que tenía Toña) y de un marido que sólo contaba 42. Y si a esto le agrego la muerte de mi madre que, aunque contaba 102 años, me dejó un enorme vacío existencial que procuré superar con el recuerdo de tantos y tantos momentos vividos a su lado.
    Estoy segura de que a Magdalena y a José Manuel les sucedará lo mismo que a mí: precisamente el amor que sienten por Toña es lo que les ayudará a mitigar la pena su ausencia.
    Un abrazo inmenso.

  4. Querido Gonzalo:
    Estou emocionada, pero teño a esperanza de que leas nestas duas palabras o que a miña voz non encontra. Moitas grazas.

    Grazas a todos vos. Estou moi agradecida polo voso recordo.
    Unha enorme aperta cargada de agradecemento.

  5. Só engadir o meu máis sentido pésame á nosa querida e atenta Magdalena, a J M e demais familia e amigos, nestas tristísimas horas. Unha forte aperta, amigo Gonzalo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>