Un economista de Noia

economistaPastor Rodríguez. Se hai un nome destacado nas Ciencias Económicas no Barbanza, este é o noiés Xocas Fernández Leiceaga, nado en 1961 e que foi concelleiro en Noia e Santiago de Compostela, ademais de deputado no Parlamento Galego. Doutor en 1990, é titular de Economía Aplicada na Universidade de Compostela dende 1992, institución da que foi vicerreitor. Recibiu o Premio da Crítica de Galicia en Investigación no ano 1994. Para entender a problemática galega no terreo forestal é fundamental o seu volume Economía (política) do monte galego, aparecido en 1990. En 1993 publicou outra obra importante: Capital estranxeiro e industrialización en Galicia. Colaborador de revistas como Grial, Agália, A Nosa Terra e Tempos Novos. Dirixiu volumes como Avellentamento e economía (2000) ademais de ser coautor de obras como Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista e Estrutura Económica de Galiza (2000); e aínda ten publicados outros volumes importantes: Las transformaciones del sistema transnacional en el período de crisis orgánica (1991), Fecundidade e actividade en Galicia 1970-1993 (1996) ou Por que fracasou a reforma do Estatuto (2012).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *