Politicamente incorreta

politacamenteEsther F. Carrodeguas. Estoulle moi agradecida a Teresa Moure por preocuparse, informarse, investigar e escribir sobre temas que me preocupan e para os que non teño os ovarios ou a vontade (chamémoslle tempo) suficiente para preocuparme, informarme, investigar  ou escribir. Non quero dicir con isto que eu concorde 100% con todo o que di (nin ela mesma concordará dentro dun tempo cunha ela do seu propio pasado), pero o libro é tan amabelmente razoado que unha pode ler, pensar, volver a ler, e se fai falta dicirlle ao ouvido polo baixo (ao libro?, a ela?): “este razoamento rebátocho así, pero grazas por facerma pensar”. Saboreo as páxinas destes ‘ensaios para un tempo de pressas’ moi-moi amodo, pero coa gana impaciente dunha nena pequena, inqueda e curiosa que quere saber como enfronta cada novo tema esta nova ‘irmá’ maior: porque estou segura de que me abrirá portas malamente transitadas polo de agora (ou non transitadas en absoluto) que despois de ficarán abertas para sempre. E canto máis abertas están as portas dunha mesma máis corre o aire e menos podremia.

teresaLer este texto de Teresa Moure fíxome ademais coñecela. Fico coa sensación de ter conversado con ela verdadeiramente. E se un día ma cruzo por Compostela terei que saudala, ola que tal?, pero non para dicirlle encantoume o teu libro, senón para preguntarlle pola familia. E ela, evidentemente, tería que dicir: perdoa, eu a ti… coñézote de algo? Non, pero eu a ti si. E gústasme.

 

2 comentarios en “Politicamente incorreta

  1. Bos días. Perdoa que me entrometa no que non me importa. Pero cedín á tentación de decirche que, cando a atopes, teraslle que decir que che gusta o que ata agora coñeces dela. Porque un (calquera) non é exactamente igual a se mesmo ou igual a súa obra (eu son outro dicía un famoso poeta, se mal non recordo). Non sei se me explico. Tampouco importa. Saúdos.

Deixa una resposta a gonzalo trasbach paz Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *