Bo, breve e barato. Virxinia entre amigos

soyunaesnobElisa Lobeira. Nas grandes autoras todo interesa? O gusto polas cousas miúdas das escritoras quizais responda en moitos homes a unha discriminación de xénero encuberta: o desexo de tranquilizarse ao atopar as outras nos momentos menores, os que lles son “propios”. Aínda así, este pequeno libro de Virxina Woolf editado por Olañeta, é unha leria chea de humor, de intelixencia sutil, unha reflexión sobre si mesma e as outras. Foi unha conferencia no Memoir Club a fins de 1936. Hai moitas Virxinias, a de Orlando e As ondas, a xornalista clara e transparente, a conferenciante divertida, a amante complexa: moitas almas para unha intelixencia que fía moi fino na roca da vida. O glamour dos Bloomsbury non agocha, sen embargo, a mirada desolada de Virxinia, aínda no humor: o final da tertulia de Sibyl Colefax en Argyel House é antolóxico.

Con Virxinia aparecen Bennett, Oscar Sitwell, Strachey, Beerbohm ou Moore. Humor, ironía, lixeireza, sutileza… Si, pero tamén intelixencia e forza reflexiva.

Ao editor debeulle parecer pouca cousa presentar soa a Virxinia, sen vixía masculino, e puxo de sentinela a Walter Benjamin para completar o libriño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *