El cuerpo humano, de Paolo Giordano

el cuerpo humanoXerardo AgraFoxo. Despois do éxito acadado por A soidade dos números primos (Premio Campiello, Premio Strega e Premio dos Lectores da Revista Qué leer, no 2008) –cando Paolo Giordano tan só contaba con vinte e seis anos–, este licenciado en Física Teórica publica cinco anos despois esta curiosa obra que, polo seu estilo literario e temática argumental, non garda ningunha relación coa anterior novela: a historia de Mattia un neno superdotado que ten unha irmá xemelga discapacitada psíquica, Alice. Nesta ocasión a acción sitúase nun mundo más afastado: o deserto de Afganistán, o lugar  a onde é enviada unha compañía de mozos e inexpertos soldados italianos, comandados polo subtenente Antonio René,  para combater contra os temidos talibáns. Na base militar espéraos o tenente médico Alessandro Egitto, que decidiu prolongar o seu servizo para fuxir das circunstancias familiares que o espreitan na súa casa. A novela consta de tres partes. Na primeira, Experiencias no deserto, cóntase o proceso de adaptación da  compañía á nova vida; na segunda, O val das rosas, relátase unha dramática misión militar contra a guerrilla inimiga; e na terceira, Homes, coñecemos as traumáticas repercusións que deixará na vida dos soldados a arriscada misión bélica nas afastadas terras nun campamento da provincia de Farah.

el cuerpo humano 2O máis interesante da obra –onde non existen xuízos políticos, nin se recrea a conflitiva situación histórica da época– é como Giordano se mergulla na conciencia dos soldados, como nos mostra a súa vida social, os seus problemas máis íntimos e a angustia que lles provoca a loita contra un inimigo –unha ameaza sen rostro– nunhas noites escuras e uns amenceres sen horizontes. Unha situación tan abraiante que os soldados escoitan cada segundo o rumor incesante do corpo humano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *