Lilus Kikus

Lilus cuberta galeElisa Lobeira. Con este título publica Trifolium a primeira obra de Elena Poniatowska, editada en 1954 en español (Los presentes). Na nosa lingua aparece da man de Teresa Moure, con ilustracións de Santy Gutiérrez. Doce breves relatos, de forte ton lírico, cunha protagonista común, Lilus Kikus. Un certo arrecendo pesimista sen sectarismo, unha certa rebeldía e liberdade fan simpática a esta nena, non moi lonxe da Celia de Elena Fortún, ese clásico da literatura española dos anos trinta.

Literatura para nenos? Para nenas? Lémbrese que a primeira “protagonista” real da literatura galega na nosa LIX foi a d’O segredo da pedra figueira, de María Xosé Queizán. Eu, que lin admirada unha noveleta da Poniatowska sobre a primeira muller, unha pintura rusa, de Diego Rivera, unha triste historia de amor como dependencia, penso que este breve libriño non desmerece do resto da obra da mexicana. Elena-PoniatowskaE escribo isto porque sei que, malia moitos esforzos, a LIX galega aínda non é valorada como se merece, que tantas portas despechou. Non é ademais a LIX unha bouza para meter as mulleres non. Aos que non o saiban lembrarlles, perdón polo atrevemento, que Graham Greene, Charles Dickens, Vicente Risco, Aldous Huxley, Anatole France, Victor Hugo, T.S. Eliot, Ana María Matute, Manuel Rivas e tantos outros e outras escribiron para a infancia. Pode abraiar a tolerancia relixiosa da derradeira estampa, pero cómpre non esquecer o penúltimo relato, o da muller esganada por inútil. Un libro coa suficiente beleza e ambigüidade para pór nas mans dos nenos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *