O coruscar da moreniña

moreniñaXosé Manuel Lobato. Alborexar diario. Baliza de Rianxo,/bailarina excelsa. Cénit místico,/cantora da marusía./Deusa na morada,/dama venturosa. Enxoval presente,/espírito agarimoso. Frescor inten-so,/fascinación constante. Gnose glosa-da,/gamela segura. Honesta sensibili-dade,/halo luminoso. Icona senlleira,/in-tercesora fiel. Kyrie harmónico,/Kharxa pretérita. Labieira singular,/loa fascinante. Marabilla celeste,/murmurio da ondada. Nai idílica,/natura sorprendente. Ñandú no ar,/ñáñara/s acolledora. Ollada mari-ñeira,/oasis real. Protectora vital,/poeta reclamada. Querenza no devalar,/quinzada lendaria. Relucente morena,/rianxeira universal. Sagrada imaxe,/silente acougo. Tenaz colaboradora,/tranquila serenidade. Umbrela acaparadora,/ultreia na ribeira. Valencia do pobo,/varadoiro seguro. Xasmín da contorna,/xestora fiable. Zunido máxico,/zalema auténtica.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *