Nymphomaniac, de Lars von Trier

nymphomaniac-posterXerardo AgraFoxo. Unha fría noite de inverno, Seligman (Stellan Skarsgärd), un solteiro afeccionado á pesca, descobre nunha rúa a Joe (Charlotte Gainsbourg), que está inconsciente no chan despois de sufrir unha malleira. Entón decide levala a súa casa. Mentres a coida, ela cóntalle a súa intensa e atormentada vida sexual, dende a mocidade ata os cincuenta anos. Baixo esta trama argumental, Lars von Trier, remata a triloxía sobre a Depresión –que comezara con Antichristo (2009) e Melacholía (2011)– para narrar unha historia onde o sexo explícito e as escenas sadomasoquistas ocupan boa parte das catro horas de duración.

 Nymphomaniac (2013) componse de dúas partes. Na primeira conta en cinco capítulos a vida de Joe durante a súa mocidade (Stacy Matin), unha moza de corpo esvelto e peitos pequenos, onde os xogos eróticos –masturbacións, sexo oral, “ménage à trois”– son elementos básicos na súa vida: despreza o amor, ten prohibido foder co mesmo home máis dunha vez, pero cando encontra o home ideal prégalle con firmeza: ”Enche todos os meus buratos”.  nymphomaniac-lars_von_trier 2Na segunda parte, dividida en tres capítulos, máis lenta e reiterativa, cóntase como evolucionou a vida sexual de Joe, e semella unha película algo morbosa porque as escenas de sexo son máis fortes e atrevidas. A película está articulada ao redor dos principios do Dogma 95: cámara nos ombreiros, luz natural, poucos decorados, planos curtos e austeridade compositiva. Cun reparto de primeiros actores, onde destaca a presenza de Uma Thurman nunha delirante escena, a película semella un fenómeno cultural pola súa arriscada proposta.

lars-von-trier-nymphomaniac-shia-labeoufMalia a súa longa duración, estamos diante dun libro de relatos eróticos que lemos con atención polo atrevemento de certas escenas. Sexo duro e erotismo desenfreado pero que, como dixo o actor Stellan Skarsgärd, “non é unha película para masturbarse, o filme ofrece outros valores”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *