Viaxe dun naturalista arredor do mundo

charles 1Agustín Agra. O buque da súa maxestade Beagle, ao mando do capitán Fitz-Roy, zarpou de Davenport o 27 de decembro de 1831 cara a unha viaxe de cinco anos na que daría a volta ao mudo. O obxecto da expedición era completar o estudo das costas de Sudamérica e dalgunhas illas do Pacífico. A bordo, na calidade de naturalista, co obxectivo de colectar exemplares da fauna e flora e facer observacións xeolóxicas, ía Charles R. Darwin.

Cando embarcou, aínda que acabado de diplomar en Cambridge, Darwin era pouco máis ca un rapazolo de 22 anos. charles 2Nin era un especialista en anatomía comparada, nin tampouco un experto en mamíferos, a paleontoloxía aínda estaba en cueiros e nin ese nome recibía. Porén, era un curioso impenitente que non deixou de observar e de facerse preguntas en todo o camiño. Á gran capacidade de observación engadía, tamén, a de reflexión.

Resulta apaixonante, 175 anos após a súa publicación, ler Viaxe dun naturalista arredor do mundo, o diario onde describe aquel lustro de navegación: os avatares vividos e as observacións científicas, mais tamén os seus comentarios sobre as culturas, os pobos e mesmo as políticas dos lugares percorridos.

Ler, descubrir, como non foi nas Galápagos, a carranchapernas da mesma liña do Ecuador, como adoita repetirse onde aconteceu a epifanía… charles 3Tres anos antes de acadar ese arquipélago do Pacífico, visitou un campo de fósiles na Arxentina; nese lugar obtivo os primeiros indicios da Teoría sobre a orixe e a evolución das especies: a maior revolución da historia da ciencia.

Ao desembarcar do HMS Beagle, no 1836, pasaran cinco anos na nosa habitual escala de tempo, mais, durante aquela volta ao mundo, na súa cabeza comezara a madurecer a Teoría –con maiúsculas- que faría cambalear as crenzas máis arraigadas e indiscutibles.

Un comentario en “Viaxe dun naturalista arredor do mundo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *