Sobrevivir por Santa Claus

sobrevivirRomán Arén. Isto da fama póstuma en literatura, e en todo, é moi a miúdo un malentendido ou unha brincadeira. Quén lle ía dicir ao “sesudo” Clement C. Moore (1779-1863), fillo dun bispo episcopaliano, poeta, autor dun monumental Hebrew and English lexicon (1809), que ía sobrevivir sobre todo por un breve poema de Nadal, que publicou sen asinar en 1823 e que non recoñeceu até 1837. Pero Unha visita de San Nicolás revolucionou a iconografía de Nadal, foi traducido a moitas linguas e asegúralle un lugar na Historia, aínda que sexa en minúscula: presenta por vez primeira un Santa Claus vestido de vermello, en trineo (xa, zorra) tirado por renos e con agasallos para os nenos. Este poema de 112 versos en 28 estrofas, é agora un símbolo de Nadal, primeiro anglosaxón e, por aculturación (a ver qué pasa co apalpador) universal.

clementManexo un “libriño”, Una visita de San Nicolás en tradución de Luis Alberto de Cuenca e con ilustracións de A. Rackham e Jese Bischoff. É a primeira edición exenta en castelán. É máis o mito que o valor real, pero crear mitos é ás veces a mellor vinganza de escritores tidos por “pequenos” (Doyle, Fleming, Tolkien, Dumas…). a edición, “bonita” e quizais algo máis, é de Reino de Cordelia na colección Snacks de Cordelia (2013). Xa sei que non é correcto dicilo, pero é o agasallo “perfecto” para o Nadal, para acompañar a un conto galego.

Un comentario en “Sobrevivir por Santa Claus

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *