La playita

la playita 1Xerardo AgraFoxo. Talvez sexa un dos lugares máis fermosos da costa. Unha baía de augas mansas, protexida por unha foresta de palmas reais. E un parque natural, convertido nun paraíso para camiñantes detrás de orquídeas e flores fantásticas. Na cativa enseada ancoraron as carabelas que viñan doutros mundos. O xardín botánico descubriuno un sabio alemán perdido por estas terras. Entre as areas finas da praia e a paisaxe tropical, atópase este curioso enclave, un arrabalde oculto aos ollos dos turistas.

En La Playita viven á marxe da cidade. Son xente afable e respectuosa. Apenas se inquietan cando un intruso invade o seu territorio. Algúns veciños aproveitan o solpor invernizo para resolveren un encrucillado. As casas con teitos de folla de lata e febles perpiaños reflicten a súa humildade. As olladas –algunhas resignadas– producen certa compaixón. La playita 2O interior dos fogares esperta outros sentimentos máis amargos. Apenas lles quedan ansias para gozar da beleza que se albisca dende as soleiras: a pintoresca arnela onde se acubillan os barcos dos pescadores.

 E cando vén un furacán? “Entón deixamos todo e marchamos ata escola da faldra da montaña”. E á volta? “Recollemos pola praia os restos das casas”. E hai vítimas? “Non, todo está controlado, as únicas baixas son unhas poucas galiñas”. E tiramos a foto antes de que veña a próxima treboada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *