Escolma de poesía salvaxe. Ferrol, 2007-2013

escolmaGonzalo Trasbach. Este libro, de magnífica feitura, reúne nas súas máis de 400 páxinas seis anos de poesía salvaxe, é dicir: libre. Recolle, pois, unha colleita poética que unha vez cada primavera durante unha semana sementaron centos de poetas de moi distintos lugares da xeografía ibérica na cidade de Ferrol. Resoan nos prados desta antoloxía, ilustrada con fotografías dalgúns dos protagonistas, voces de diferentes rexistros fonéticos, libres coma o vento cando asubía ou ronca no medio do piñeiral, de texturas e estilos poéticos moi diversos. Un amplo abano, unha paleta de múltiples cores, que van dende a poesía social até a interrogación metafísica, pasando polos poemas dodecafónicos e a reivindicación do corpo como territorio de experimentación.

O fenómeno, que agromou no Ferrol no 2007, brincou despois até outras cidades e vilas. E neste sentido, convén lembrar que fixo unha parada na Pousada das Ánimas, en Boiro, onde obtivo un amplo recoñecemento.

noite de poesia salvaxeNa obesa nómina de participantes nesta aventura poética atopámonos a Ramón Blanco (Outes), coma representante da área barbanzá. Pero nela tamén figuran primeiras espadas da poesía na nosa lingua, como son María do Cebreiro (Santiago), Olga Novo (Pobra do Brollón, Lugo) e Chus Pato (Ourense), entre outras. Tiago Gomes (Portugal) deixa neste volume unhas pingas da saudade lisboeta. Desde Ondárroa (Biscaia) veu Leire Bilbao e dende Barcelona chegou Ana Gorría. Tamén abondan os visitantes de Castela e León e mesmo de Estremadura. Convén subliñar a presenza do veterano Carlos Oroza (1923).

A cargo de Marcos Lorenzo, pai da criatura (do acontecer), Juan Carlos Valle, Karlotti, y Guillermo Ferrández, a edición, que se creou e xerou en Ferrol, é limitada e non se vende  nas librerías. Os interesados poden facerse cun exemplar no portal: http://escolma.poesíasalvaxe.com. En serio, paga a pena.

Esta entrada foi publicada en Gonzalo Trasbach, Poesía. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Escolma de poesía salvaxe. Ferrol, 2007-2013

  1. karlotti di:

    Gonzalo, gracias por amables palabras que se multiplican por tu comprometida manera de poeticar los gestos.
    No me cabe la menor duda de que celebras la cosecha de voces y la maravilla de las realidades que vuelan, tan inconsumibles, tan mimadas por el silencio wue las adora.
    Gonzalo, solo nos queda verte nas nosas rúas este avril indoblegable.
    Unha aperta grande, e saúde sempre, amigo.
    Grazas.
    karlotti

Deixa una resposta a karlotti Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>