Mulleres e cativos

cafe 1Xerardo AgraFoxo. Elas, as mulleres, son moi visibles. Ocupan postos de responsabilidade nas bibliotecas, bodegas, casas da cultura ou oficinas de turismo. A súa presenza é notable como enfermeiras ou médicas nos hospitais. Tamén abondan no exército e na universidade. E son lexión no mundo do ensino. E nos servizos municipais ofrecidos nos arrabaldes das cidades.  A maioría son afables cando se precisan os seus servizos. Tamén as hai malencaradas. Os seus salarios son raquíticos e os horarios penosos. Cando se ven nos traballos compréndese o  seu papel na sociedade. Nada comparable co doutras nos países veciños.

Eles, os cativos, aparecen como formigas. O seu sorriso e a súa dignidade é reconfortante. Nunca se dirixen con desprezo aos viaxeiros, nin alteran o ambiente cos seus berros. Imposible velos polas rúas durante o horario escolar.cafe 2 Camiñan contentos polas prazas cos seus uniformes coloridos e as súas carteiras ateigadas de libros. Cando os mestres lles dan clases nas prazas, amosan unha contaxiosa alegría. Asisten con puntualidade ás charlas de educación cívica, e tamén ás de formación “patriótica”. Non se precisa consultar informes oficiais para ver que son un piar desta sociedade.

Mulleres e cativos, dúas illas dentro da illa?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *