Introspección (gustos e influenzas)

agus 1Agustín Agra. Malia ser poucas as ocasións nas que me deixo enguedellar pola tentación de elaborar listaxes, este día, arrastrado quizais pola crise de lectura de novela que arrastro nos últimos meses, dediquei o tempo a repasar os andeis da libraría á vez que daba en reflexionar sobre gustos literarios e a posible influencia que certas obras exerceron, ou non, na nosa escrita.

Cales, de entre os autores ou as grandes obras do canon máis selecto da literatura universal, deixaron pegada sobre nós e, de xeito sobranceiro, sobra a nosa obra? Gozamos coa súa lectura ou, polo contrario, nin nos gustaron nin recoñecemos a súa influencia?

Eis, agrupada segundo catro posibles combinacións e cinco respostas en cada unha, unha pequena confesión –raiana nalgún caso, ben o sei, no sacrilexio– cinguida á narrativa. Os autores galegos e a poesía quedan para unha entrada futura. Invito a posibles lectores a participar, elaborando e facendo pública, a súa propia resposta:

1. Obras ou autores cos que gocei e asemade recoñezo influencia: Joseph Conrad, Cortazar, Tolkien, Os mitos de Chulthu de Lovecraft, Borges…

agus22. Si gocei coa lectura pero non recoñezo influencia: Eneida e Odisea de Homero, Dante e A divina comedia, A montaña máxica de Thomas Mann, kafka, Faulkner…

3. Non gocei pero si recoñezo influencia: As mil e unha noites, Ovidio e as Metamorfoses, Moby Dick de Melville, Joyce, Chejov…

4. Obras coas que nin gocei nin recoñezo influencia: Cervantes e o seu Quixote, Proust e Na busca do tempo perdido, Virxinia Woolf, Tolstoi, Dostoievski…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *