A locomotora china

locomotora1Xerardo AgraFoxo. As plataformas están ateigadas. Todos pretenden achegarse á capital. A funcionaria da estación amosa unha actitude noxenta. “Bienvenidos a nuestra Estación”, reza o cartel que preside a porta da entrada. Ninguén se atreve a protestar polas ofensas recibidas. Os viaxeiros pertencen ás capas máis desfavorecidas da sociedade. O tren é a maneira máis lenta, pero máis económica para viaxar. Os 100 quilómetros só custan 4 pesos. “Calquera cálculo sobre o tempo do traxecto sería un fracaso”, asegura un vello, con sorna.

Cando chega o tren, tirado por unha vella locomotora china, todos se agrupan a carón das vías para ocupar os  asentos de madeira. A operación realízase con certo caos, sen retirar os billetes, nin seguir as ordes que impiden fumar nos vagóns. Parece o convoi de  Memorias de África.locomotora2 A viaxe comeza con lentitude, as paradas son curtas, pero continuas, atravesando paisaxes rurais e vilas con rúas de barro, casas de cor ocre e teitos africanos. Ninguén espreita o reloxo, nin pregunta pola chegada. Non se escoitan móbiles, nin ruídos de cativos. Só se oen os estouros da locomotora. Cando atravesa os arrabades da capital, semella unha tartaruga.

Todos están convencidos de que o tren chegará. Pero ninguén calculou que tardaría 5 horas, dúas máis do previsto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *