As mulleres de K.

la grandezaXerardo AgraFoxo. Nunha casa de repouso de Silesia coñecería unha moza que ficaría na historia da literatura co nome de “a rapaza de Zuckmantel”. Sete anos máis tarde comezaría un romance coa berlinesa Felice Bauer, unha muller de “rostro insignificante”, pero “afouta e leda” coa que mantería unha apaixonada e intermitente relación que o levaría a unha etapa de intensa creación. Despois coñecería unha suíza de dezaoito anos que aparecería reflectida nos seus diarios como G.W. Cando os médicos lle diagnosticaron a enfermidade, encontrouse cunha checa, Julie Wohryzek, filla dun zapateiro de Praga, que posuía unha mestura “de calor e frialdade”. Estando de vacacións en Merano atopouse con Milena Jesenká, unha moza casada, que acababa de pedirlle permiso para traducir as súas obras ao checo.

michaelE no verán do ano 1923, durante unha curta estadía en Müritz, nas marxes do Mar Báltico, K. de trinta e nove anos, debilitado pola tuberculose e coñecido como escritor só por uns poucos iniciados, coincide con Dora Diamant, unha moza “hasídica” de vinte e cinco anos. No transcurso de poucas semanas, K. fará o que endexamais imaxinaría: decide vivir cunha muller… e compartilo todo con ela… ata as súas derradeiras horas na clínica de Kierling.

Este último parágrafo é o argumento dunha excepcional novela: La grandeza de la vida (2015), de Michael Kumpfmüller.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *