Galicia e os galegos na poesía castelá XVIII. Ramón de Basterra.

RetratoBasterraRomán Arén. Foi Basterra poeta, ensaísta e diplomático, nacido en Bilbao en 1888, e pode ser clasificado como novecentista, membro da xeración de Ortega, Juan Ramón, Pérez de Ayala, D’Ors e Cansinos. Comezou a súa actividade literaria en 1905 e o seu labor diplomáico en 1915, que o levou a Roma, Bucarest e Caracas. Colaborador da revista vasca <Hermes>, a súa contribución ao Novecentismo foi a Escola Romana do Pirineo, mesturada con sublimacións áureas e co influxo do simbolismo belga, pois coñeceu e traduciu a Verhaeren, publicou varios libros poéticos e algúns ensaios. Sufriu tamén o influxo das vangardas en Vírulo, las Mocedades (1924) e Vírulo, Mediodía (1927), sobre todo do futurismo.

Moi aprezado por D’Ors, Giménez Caballero e Eugenio Florit, así como por Gerardo Diego, que o inclúe na segunda edición da súa famosa antoloxía de 1934. Souvirón atopáballe influxos de Whitman e os falanxistas de primeira hora como Areilza crían que era poeta por excelencia da “España Imperial”. Non é raro, pois, que a editorial Jerarquía edite en 1939 unha Antología poética, con selección de Blecua. Foi ben estudado por Guillermo Díaz-Plaja, polo galego Carlos Antonio Areán e, recentemente, Ángel Ortiz Alfau. Mais tamén Juan Ramón Jiménez, Salinas e Unamuno valoraron positivamente a súa obra. Perdeu a razón e faleceu nun sanatorio mental de Madrid en 1928.

Poucas veces foi relacionado con Galicia, pero un dos seus poemas, presente na antoloxía falanxista de 1939, é de temática galega e, máis axustadamente, xacobea. Leva por título “Hospederías de Santiago” e creo que responde a un coñecemento real da cidade compostelá. Amoso só fragmentos, pois é un longo poema narrativo:

…De Vasconia; los montes de Castilla marina, montañas asturianas hasta que, en donde fina España frente al mar, los montes de Santiago, los montes de Galicia lucían su azul vago.

Estes longos versos alexandrinos contrastan co áxil inicio do poema:

Pasó la vía/del Apóstol, con sibilante jubileo,/a través de la montañería/del Pirineo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *