O lector do tren das 6.27, de Jean-Paul Didierlaurent

o lectorXerardo AgraFoxo. O protagonista desta novela é un apaixonado lector:  Guibrando Viñol, un mozo atormentado pola súa infancia e condicionado pola súa timidez, que realiza un traballo rutineiro que o horroriza: destruír cunha potente máquina –“La Cosa, maciza e ameazante”– os libros que ninguén quere ler. Polas súas mans pasan os clásicos máis recoñecidos, pero tamén moitos textos que nunca serán lidos, algúns dos cales el rescata desta “carnicería” para lelos en voz alta no tren das 6.27. Unha decisión que esperta a ledicia dos madrugadores viaxeiros e admiración de dúas anciás –as irmás Delacôte– que o levan ata un club de lectura.

Mentres coñecemos esta loable teima literaria, o autor revélanos a vida dun feixe de personaxes secundarios. Todos son un contrapunto perfecto para resaltar ás obsesións de Guibrando Viñol e para trazar outras tramas secundarias na novela. Entres eles destaca Yvon, que recita versos alexandrinos, Giussepe, excompañeiro na empresa de reciclaxe, Rouget de Lisle, o seu peixe vermello, e, sobre todo, Julie. Quen é Julie? Sen dúbida, a protagonista ausente.o lector2 É dicir, a moza que el intenta localizar, nun lugar de traballo que intúe nun centro comercial localizado preto de París, asemade lle le os seus atípicos e engaiolantes textos no tren.

O lector do tren das 6.27 é a primeira novela de Jean-Paul Didierlaurent. Unha obra coa que logrou un enorme éxito en Francia. Un recoñecemento debido seguramente ao emprego dunha linguaxe sinxela, ao tratamento de certos temas cotiáns, á presenza dun feixe de personaxes incomprendidos e á paixón que o autor amosa en cada páxina pola literatura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *