O botón de nácara, de Patricio Guzmán

botónXerardo AgraFoxo. Jimmy Button foi o nativo de etnia yagán que comprou Robert Fitz-Roy, comandante do Beagle, por un botón de nácara durante a súa viaxe pola Patagonia chilena. Tiña catorce anos, levouno ata Inglaterra e, logo de presentarllo ao rei William IV, regresou a súa terra natal. Moitos anos despois, uns arqueólogos submarinos descubriron nas súas costas as trabes de ferro empregadas pola ditadura para fundir no Pacífico –cando era un cemiterio– máis de 1.400 opositores. Nunha delas atoparon un botón de nácara, a única pegada do defunto. Esta curiosa revelación foi aproveitada por Patricio Guzmán (1941) para artellar este documental.

E denunciar outros acontecementos da historia do seu país: o exterminio dos primeiros poboadores por parte dos colonos (por cada testículo dun home, 10 pesos; por cada peito de muller, 10 pesos; e por cada orella dun neno, 1 peso), a complexa rede de campos de concentración erguidos por Pinochet, coma o situado na illa de Dawson, e as dificultades que amosa un territorio cunha xeografía tan abraiante.boton2 E todo grazas ao poder evocador dunhas imaxes onde a auga, os glaciares, os volcáns ou as montañas se converten no fío condutor dunhas historias que son evocadas con rigor, intelixencia e sensibilidade.

Se a triloxía sobre La batalla de Chile está considerada como un dos mellores documentais da historia do cine,  O botón de nácara –Mellor Guión Festival de Berlín e Mellor Fotografía Premios Fénix– tamén semella unha obra excepcional.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *