As sombras de Jane Austen

la muerte1Xerardo AgraFoxo. Dende o seu pasamento en Winchester no ano 1817 non deixan de aparecer noticias sobre este “clásico” da literatura inglesa, a muller que deixou nos seus personaxes femininos e na descrición dos seus conflitos amorosos unhas páxinas indelebles. A meirande parte dos acontecementos referidos a ela teñen que ver –normalmente– con certas adaptacións cinematográficas das súas novelas ou con algunhas efemérides vinculadas coa súa infancia e mocidade ao redor da reitoría de Steventon, onde o seu pai foi reverendo.

Agora, no curto espazo dun ano, saíron á luz dúas obras que, curiosamente, gardan relación coa súa obra máis recoñecida: Orgullo e prexuízo (1813). A primeira –A morte chega a Pemberley (2012)– é unha intriga policial tecida por P.D. James (Oxford, 1920), a gran dama da novela negra inglesa, que sitúa os personaxes da novela de Austen ao redor dun cadáver que aparece nun bosque próximo á residencia de Elizabeth e Darcy, os dous principais protagonistas daquelas páxinas. la muerte2A segunda –As sombras de Longbourn (2013), escrita pola súa compatriota Jo Baker (Lancashire, 1980), tamén está baseada na mesma obra, pero, neste caso, o nobelo argumental xira ao redor dos criados  –James, Sarah, Polly e a señora Hill– que viven na casa que teñen os Bennet na campiña de Hertfordshire e así, mentres as cinco irmáns e os pais dormen placidamente, os criados falan… e paga a pena escoitalos.

Sen dúbida, dúas excelentes oportunidades para lembrar o talento e a imaxinación de Jane Austen e descubrir como, con delicadeza e imaxinación, se pode ofrecer unha luz diferente sobre a súa obra máis representativa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *