O suicidio de Sá-Carneiro

carneiroFidel Vidal. Ambos os dous, Pessoa e Sá-Carneiro, sufriron dentro de si unha división interior. Mário de Sá-Carneiro foi o primeiro en ser consciente desa disociación en termos poéticos. O poema “Dispersão” “assinalava já descida do eu e un labirinto interior, onde se via cindido de si: Perdi-me dentro de min / Porque eu era labirinto… Ou noutra quadra: Eu fui alguém que passou. / Serei, mas jà não sou…”. Nunha carta a Tía Anica, Pessoa cóntalle: “Quando o Sá-Carneiro atravessava em Paris a grande crise mental, que o havia de levar ao suicidio, eu senti a crise aquí, caiu sobre mim uma súbita depressão vinda do exterior, que eu, no momento não consegui explicarme”

“Opiário”, o poema de Álvaro de Campos dedicado ao Senhor Mário de Sá-Carneiro, escrito “No Canal de Suez, a bordo” termina desta maneira:

E afinal o que quero é fé, é calma,

E não ter estas sensações confusas.

Deus que acabe com isto! Abra os esclusas –

E basta de comédias na minh’alma!

Dous meses antes de matarse, Sá-Carneiro queixábaselle ao seu amigo desta “infinita trapalhada, feita de microorganismos que me desbarata o espírito, os nervos e o corpo”, dicindo que “a minha tristeza não tem limites, a criança triste chora em mim -ascenden as saudades da ternura- sopra a zoina sempre, sempre”. Na súa quenda de resposta Pessoa, identifcándose con el, en carta de 14 de marzo do mesmo ano (1916), dicíalle que “em dias de calma como hoje eu sinto bem, em toda a minha consciència do meu corpo, que sou a criança triste em que a vida bateu.”

fernando-pessoa-e-mario-de-sa-carneiro-728x437A morte real, a realidade da morte, nas derradeiras consecuencias da mesma, debuxa a imaxe dunha sepultura co gravado ou co relevo dun nome, o do finado e, a liña seguida, calquera dos dous apócrifos, R.I.P. ou D.E.P. Un Requesquiat In Pace, ou un Descanse En Paz, como desexo dos seus parentes, por fin!, despois dunha suposta vida en constante loita, o desgraciado descansa en paz. A paz dos cemiterios. Mais a morte, segundo certas crenzas relixiosas, non asegura a paz e menos o descanso, por mor dunha transmigración, ou se antes tes que pasar polo Purgatorio e non digamos se na poxa lle corresponde o Inferno. Unha mágoa.

A morte dunha figura de ficción é ben distinta, só depende da conformidade do autor. Se este propón unha morte accidental así será, mesmo se precisa morrer dunha enfermidade incurábel ou suicidándose, é dicir, no caso do suicidio, por propia vontade do personaxe. Sexa como for unha morte como acontecemento nun personaxe de ficción xamais deixará de ser unha ficción, un finximento, tanto o personaxe como a súa morte e todo canto suceda ao seu redor. Velaquí a grandeza de non ser nada, só escrita, onde todo é posíbel. Se Caeiro é o Outro de Sá-Carneiro  Álvaro de Campos pode presentarse no seu lugar no intre en que se preocupa polo ser e pola morte.

É neste punto, na propia escritura, onde ambas formas de morte se rozan. Un corpo humano morto non pasa de ser un cadáver, un corpo anatómico. Mais para ser soterrado ou incinerado precisa de informes onde se garante como corpo dunha persoa con nome e apelidos, outorgándolle dese xeito o rango oficial de finado. Para un xuíz non hai morto, aínda que o defunto estea de corpo presente, se non hai un documento facultativo que o acredite e certifique. Quer dicir, unha escrita.

Se te queres matar, poque não te queres matar?

Ah, aproveita! que eu, que tanto amo a morte e a vida,

Se ousasse matar-me, também me mataria…

                                                                                  Álvaro de Campos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *