O corazón da maxia, de Xavier Estévez

o-corazon-da-maxiaCarlos Mosteiro. Unha das cousas que máis valoro nos libros que tratan dos sentimentos é a contención. E valóroa sobre todo porque non é fácil. Se un non dispón dun chip avisador ou un sentido do pudor innato, é moi fácil embalarse. O recurso lacrimóxeno é rendible, produce beneficios rápidos e a curto prazo. O problema é que, a miúdo, cando a nube emotiva é desprazada polo vento, debaixo non se ve nada ou moi pouca cousa. Por iso me gustou tanto este “Corazón da maxia”

Xavier Estévez  naceu en Bruxelas en 1969, e compaxina o seu traballo de mestre na cidade de Vigo coa radio, o teatro e a literatura. Ademais deste libro tamén ten publicado “A lenda do rei Lobo” e “A rapaza da fiestra”.

            Trata un tema dun fondo dramatismo (a enfermidade infantil), sen darlle a máis mínima opción ao exceso nin á bágoa fácil, por máis que o asunto se prestara a iso. Laura ten doce anos, está hospitalizada por unha grave doenza. Xavier_Estévez-1024x684Un día chega ao hospital Mistre unha nena etíope de oito anos. Laura cóntalle á súa amiga unha historia extraordinaria que discorre paralela ao relato principal. As dúas historias rematan por confluír nun final sorprendente e tenro que nos deixa un sabor agridoce nos beizos e que invita a unha reflexión que vai moito máis alá da historia narrada.

            Un fermoso exemplo de como, dende a contención formal, estilística e léxica que esixe a literatura pequena se pode aspirar a facer literatura grande.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *