Alexandre e o pirata

AlexandreFrancisco Ant. Vidal Blanco. Nun dos seus relatos sobre a historia das civilizacións antigas, Mary Beard, a catedrática que este ano mereceu o premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociais, conta unha anécdota sobre o grande xeneral macedonio Alexandre Magno, de cando apresou a un pirata que interceptaba todas as súas naves, e na hora de xulgalo ó preguntarlle por que asaltaba os seus barcos o pirata respondeu: «Polo mesmo que ti andas a conquistar o mundo».

Tras esta anécdota a catedrática preséntanos a un xeneral arroutado, insensato, abusón e depravado que para nada era nin tan intelixente nin tan boa persoa como nolo pintan.

Claro que nós, influídos pola historia que nos contaron e por como nola contaron, desde o primeiro momento sinalamos co dedo acusador ó pirata tan só por ser pirata e poñémonos de parte do Magno; á fin, Alexandre xogou cunha vantaxe que lle faltou a aquel nauta de quen nin sabemos o nome: tiña unha lexión de amanuenses que publicaban as súas fazañas revestíndoas de heroicidade e bonhomía (xa daquela), para asegurase de que non se ía falar mal del. Tal foi a propaganda que non faltaron emperadores que o retrataron sobre a súa armadura como hoxe retratamos ó Che ou a Marilyn nas camisetas. Non faltaron militares que o quixeron emular, e ata na interesante novela de Umberto Eco, O Nome da Rosa, o cabalo do prior do convento chámase Bucéfalo, como o de Alexandre.

Creo, sen embargo, que aquela resposta do pirata encerra unha valente acusación que poucas veces ousa dar ninguén, tal vez porque xa sabía que, dixese o que dixese, ía ser condenado a morte. Aquel pirata ben podía responder co de «eu podo arrepentirme e recoñecer que me enganei de inimigo, pero non podo deixar de ser quen son», e a continuación, o grande xeneral podía reciclalo e poñelo ó seu servizo, á fin non serían tan diferentes os métodos que un e outro usaban.alexandre2 Podían fusionarse (diríamos hoxe), sacrificar o capital humano da empresa pequena e poñer ó capitán no consello de dirección de Alexandre, da empresa grande, aínda que tampouco tiña razón de ser xa que unha fusión só é viable cando hai algún mel que chuchar, e Alexandre, coa derrota polas armas, xa llo chuchara todo. Xa a absorbera.

E esa vén sendo a actitude que seguimos vendo en tantos líderes que, amparados pola propaganda con que se adornan, buscan no conflito a resolución dos seus propósitos, eliminar a competencia, sabendo que nunha guerra non hai bos e malos, senón tan só vencedores e vencidos. Primeiro a publicidade propaga as maldades dun rival ata convertelo en adversario, e non hai pegamento social maior ca ter un inimigo común, sexa negro, musulmán ou comunista, e atacalo logo coa máxima de destruír para reconstruír, ó amparo dun populismo irracional cada vez máis estendido nesta era do cemento, onde tras masacrar a todo un país aparecen os albaneis dos vencedores para facer o seu negocio. Pero esa destrución outras veces vai máis aló dos bens materiais, e esténdese ós ideolóxicos e ós culturais, unhas veces para aproveitarse das ideas alleas e outras para aniquilar as cabezas pensantes, para que prevaleza o gusto e a ideoloxía do vencedor.

Así funcionou con Alexandre hai máis de dous mil anos e segue funcionando na actualidade coa expansión da plutocracia. Adiviñade quen son os piratas e os Alexandres de hoxe en día.

Un comentario en “Alexandre e o pirata

  1. Querido Francisco: hace cinco minutos que he leído tu artículo y como haces mención del gran personaje de Macedonia por el cual siempre he sentido gran respeto, ( seguramente influida por las hazañas que se le atribuyen ) al saber que la catedrática lo tilda de insensato e incluso de depravado se me hace un poco ” cuesta arriba ” creer ciertas cosas , es posible que se verdad pero, de una celebridad de no sé qué siglo antes de Cristo achacarle ahora tal demérito me parece un poco injusto. Mira, no tiene nada que ver con este artículo lo que voy a relatarte pero me ha venido ahora a la memoria. Es algo referente a la falsedad.
    El Arzobispo de Canterbury iba a visitar Nueva York y le advirtieron que tuviese cuidado con los periodistas de dicha ciudad. Al llegar al aeropuerto los periodistas le preguntaron: – ¿ Qué opina de los prostíbulos de Manhattan ?
    El Arzobispo con otra pregunta respondió : – ¿ Hay prostíbulos en Manhattan ?
    Al día siguiente aparecía esto en primera página : ” La primera pregunta del Sr. Arzobispo de Canterbury al llegar a Nueva York ha sido : – ¿ Hay protíbulos en Manhatan ?. Ya lo ves, Francisco.
    Y referente a la última pregunta que haces qué ¿ quienes son los piratas y los Alejandros? esta se la dejo para que te contesten tus compañeros de Barbantia, seguro que lo harán con más conocimiento de causa que la que te está escribiendo.
    Besiños Francisco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *