Marcados polas marcas comerciais

cocaFidel Vidal. Aínda que pareza contraditorio, unha marca, un suposto sinal de identificación, nunca funcionará como elemento integrador e, por moito que a luzamos á par doutros, xamais nos fará iguais. Vestir un xersei cun recoñecido emblema no peito ou beber un zume dunha determinada marca, non nos vai elevar de estatus nin nos colocará á mesma altura social a todos os seus consumidores. Nin ese é o verdadeiro e íntimo propósito. No noso interior, pola contra, o que desexamos é distanciármonos –un acto de distinción- do resto dos grupos, debuxando unha barreira que nos separe e diferencie dos demais.

Cando bebemos un refresco anunciado desde un luxoso iate, o que se nos está a vender é o iate, e nel ficamos equiparados, non polo refresco senón pola embarcación de luxo, na elegancia e no empaque da clase rica e poderosa, é dicir, vémonos igualados pola ilusión. Un refresco igualiño a aquel tamén o bebe o veciño e eu non quero ser coma el: eu son o personaxe do gran veleiro. A información que desexamos transmitir, a mensaxe a propagar é aquela que quixeramos que os demais pensaran de nós, e pertence non a unha realidade senón a un desexo, ao desexo do Outro que hai en min: a miña frustración.

Cando o consumo aumenta, debido talvez a novas e inventadas necesidades provocadas pola propaganda do poder económico, requirirase máis man de obra, e de aí unha maior incorporación de mulleres no ámbito laboral. A “feminización” do traballo asalariado responde ás mesmas causas que a “machización” do mesmo. Nas numerosas fábricas de conservas que houbo en Galicia a man de obra era feminina case na súa totalidade. En traballos deste tipo -para sacar uns cartos e axudar nos gastos da casa- ninguén se realiza como ser humano, sexa este home ou muller. E menos por necesidades emanadas do imperio do consumo baixo o lema “Consumo, logo existo”. O consumidor termina por consumirse, pondo alas ao imperio de Tánatos: eu son o que consumo e niso consúmome.

coca2Hoxe en día ningunha persoa calza unhas zapatillas senón que presume de adidas, e non conducimos un coche, o que amosamos, apoiando o cóbado na ventá co cristal baixado, é un mercedes. As marcas de prestixio. Calquera situación de crise lévanos desde a preocupación polo consumo -para seguir sendo, nun estatus-, á inquietude interior e o desacougo pola falta de posto de traballo para manter dese xeito o nivel salarial -o nivel de consumo- e conservarmos así como seres, como ser-es. É coma o can que, de forma aparentemente voluntaria, non deixa de dar voltas arredor de si mordéndose o rabo.

Alén da grande desgraza na que se atopan, son os propios consumidores, eles mesmos, os que se transmutan no residuo do que intentan desfacerse. Por iso mesmo se identifican con el. Sábeno ben os indixentes, os buscadores de restos nos caldeiros de lixo, onde é posible atopar aproveitables(!) desperdicios, a chamada boa varredura(!). “Residuos de excrementos que sosteñen secretamente a idea de dignidade baseada na súa identificación simbólica.” (Slavoj Žižek)

O mundo do virtual é outra cousa, mais os resultados individuais son os mesmos. Jean Baudrillard fala dunha Realidade Integral, un camiño aberto por graza e obra do asasinato do signo, polo que se borra a distancia nos circuítos integrados. Xa non hai relación dual. Ao entrar en escena o Virtual, non é posible dar un cara a cara co outro ou cos outros. Con iso “acabouse a realidade”, e a economía pasada ao terreo Virtual convértese en pura especulación. A abolición do sentido e da metáfora -engade Baudrillard-, tamén pode xerar e determinar efectos perversos (ou poéticos).

4 comentarios en “Marcados polas marcas comerciais

  1. Es que si no echamos mano de alguna anécdota, ¡aviados vamos! A ver quién es el listillo que se mete a filosofar con un experto en la materia…
    Gracias por tenernos en cuenta.
    Saudiña

  2. Dá gusto compartir convosco os artigos, mesmo sen coincidirmos en determinadas valoracións (aí radica, penso eu, parte da graza), pois sempre engadides un anaco de experiencia vivida. Non esquezamos que os expertos en vendernos cousas son autenticos artistas. Lembro unha vez, no Corte Inglés de Vigo, sabendo que para nada eu desexaba mercar un “pai-pai”, que os amosaban estratéxicamente dentro dunha cesta, ao final vinme na rúa abanicándome cun deles.
    Saúde.

  3. Tu artículo me confirma que no soy una persona frustrada. Al menos por el lado que apuntas. No. Nunca me atrajeron las firmas. Y los yates, menos todavía. Soy sencilla en mis gustos y huyo de la ostentación. Además, pienso que la posesión de un yate debe de ser un verdadero engorro.
    Y, mira por donde, tengo una anécdota que me ocurrió veraneando en mi tierra gallega y creo que encaja bien aquí:
    Comentando con mis nietos que me encantaría ver de cerca una batea, me sugirieron un viaje en una vieja Zodiac a remos que guardaban en el trastero.
    Aunque poco convencida (seis personas bastante apretujadas me causaba respeto), acepté.
    A nuestro regreso salía del muelle un yate. Al pasar cerca de la balsa, la estela que dejó a punto estuvo de hacernos volcar. Desde el puente, uno de sus ocupantes nos largó:
    – ¡Qué! ¿Náufragos?
    – ¡No! –respondí- ¡Pobres!
    Supongo que con el ruido organizado por el motor del barco, mi voz se perdió en el aire.
    Cuando nos acercábamos a la playa, mis nietos me confesaron que la balsa estaba pinchada y a punto de desinflarse.
    Guardo un bellísimo recuerdo de esta experiencia.

  4. Yo creo Fidel , que las personas que sienten necesidad de comprar ropa de marca es porque tienen un complejo y creen liberarse de el si visten o calzan como esa persona que ellos desearían ser. No tienen opinión personal y un simple reptil carnívoro en el pecho les da la seguridad de la que carecen. Y cayendo en esa torpeza , más que dar alas al imperio de Tánatos yo creo que se meten en la quimera de su hermano gemelo Hipnos. Sueñan con no ser acomplejados y eso sólo lo conseguirán vistiendo a su libre albedrío.
    Feliz descanso Fidel.

Deixa una resposta a Fidel Vidal Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *