Finis Coronat opus

Panero-1-e1471605357547Agustín Agra. Maldito. Esquizofrénico. Politoxicómano. Dipsómano. Autodestrutivo. Apocalíptico. Transgresor. Excéntrico. Performático de si mesmo. Señor das boutades. Arlequín. Dandi. Sórdido. Disruptor. Provocador. Paranoico. Lucido sempre. Lúcido, como só os esquizofrénicos poden selo. Tolo por decisión, por vocación. Explorador no límite. Especulador da loucura. Sosias de Antonin Artaud. Máis da metade da vida habitando en manicomios –Tarragona, Ciempozuelos, Getafe, Mondragón, Leganés… As Palmas de Gran Canaria (onde falece no 2014; seis despois de Ana María Moix, o seu amor imposible)–. Protagonista de El desencanto (Jaime Chávarri, 1976), documental lendario, cinéma vérité, e Después de tantos años (Ricardo Franco, 1994). De familia burguesa, acomodada e culta: fillo de Leopoldo Panero, falanxista, alcohólico e poeta oficial do réxime franquista (xunto con Luís Rosales) e Felicidad Blanc, narradora ata a prohibición do marido; irmán de Juan Luis, poeta e alcohólico, e de Michi, articulista, diletante e alcohólico; sobriño de poeta… (Máis que interesante a biografía de Benito Fernández: El contorno del abismo, Tusquets, 1999). 20170106_192216Ensaísta, tradutor, narrador el mesmo. Poeta nos momentos de lucidez –grupo, do que renega, dos Novísimos–. Poeta dende os catro anos. Poeta. Bufón do Parnaso literario. Clásico en vida.

Debíalle unha despedida. Debíalla –polos versos de Así se fundó Carnaby Street, polos Poemas del manicomio de Mondragón, polos de Poemas de la locura… –, mais véxome incapaz de encadear un discurso coherente que lle faga un algo de xustiza: Leopoldo María Panero. Poeta.

3 comentarios en “Finis Coronat opus

  1. Bo día, Magdalena e Gonzalo.
    Leopoldo María Panero é un poeta moi prolífico do que coñezo apenas media ducia de libros; pero a súa obra tamén é irregular, mesmo dentro do mesmo cartafol. Podería recomendar calquera dos tres que citei no texto pero quizais sería mellor botarlle un ollo a: Poesía completa (1970–2000) (Visor, 2001); unha antoloxía feita pola súa editora e amiga Charo Fierro.
    Tanto El desencanto como Después de tantos años poden verse en internet (en Youtube e Vimeo respectivamente), así como varias entrevistas e intervencións en programas televisivos. Tamén resulta moi interesante a biografía de Benito Fernández: El contorno del abismo, Tusquets, 1999.
    Apertas aos dous.

  2. Boas noites Agustín. Eu son amigo da noite. Que é onde me atrevo a escribir e ao mesmo tempo poño en cuestión todo o que escribo. Non coñezo moito a este Panero. Pero si mirei a quela tolería de película de Chávarri sobre a vida (desdichada?) daquela súa familia. A cal me gustou moito. O filme. Aquela vida non a querería nin tolo. Pero ao mellor e moito pior a miña, aínda que non o pareza. Gustame que o relaciones co meu amado Artaud. Nunca o pensei. En calquera caso, estou a favor desta túa devoción polo malogrado Panero. Vou procurar ler algo máis sobre el. ¿Que me recomendas? Saúdos.

  3. ” Los libros caían sobre mi máscara ( y donde había un rictus de viejo moribundo ) y las palabras me azotaban y un remolino de gente gritaba contra los libros, así que los eché todos a la hoguerapara que el fuego deshiciera las palabras…
    Y salió un humo azul diciendo adiós a los libros y a mi mano que escribe:
    “Rumpete libros, ne rumpant anima vestra ” : que ardan, pues, los libros en los jardines y en los albañales y que se quemen mis versos sin salir de mis labios: ”

    El genio es niño y loco y es genio porque tiene el valor de ser infantil y alocado y no puede por menos de parecer a veces ignorante o idiota, que habla sin sentido común. El genio no necesita de lógica si es artista.
    Besiños palmeiráns

Deixa una resposta a Agustín Agra Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *