Procesión conceptual

procesiónDomingo Regueira. Nunha parroquia cuxo nome -por se acaso- non quero mencionar, os funcionantes da festa grande empeñáronse en rexenerar a procesión, que ao seu entender, estaba perdendo o que antano fora un fascinante glamour de tocados, encaixes, xoias e polbos de talco.

Onde van aquelas ringleiras de verónicas, samaritanas e anxiños coas ofrendas de pichóns, espigas, pan de ovo e versos a María!

Agora os da comisión, provistos dunha regra e mais un lapis, deseñaron un esquema do que podía ser unha procesión conceptual. Unha nova fórmula para recuperar o esplendor daqueles sublimes tempos, onde a graza de Deus derramaba gloria, bendicións e prosperidade sobre os viláns. E así acordaron os puntos por maioría.

Punto un: alfombra nova.
Punto dous: participación no desfile dos sectores profesionais.

Punto tres: cambiar as cabezas dos papamoscas e poñerlles as dos monarcas, e ao cortexo de cabezudos engadirlle Esperanza Aguirre, Ana Botella, Trillo, Aznar, Fraga, Pujol, Rafael Hernando e a «carreiriñas».

Non se fale máis! Mans á obra!

Chegou o solemne día e na proa da comitiva ía o sector pagán: xigantes, gaiteiros e pandereteiras.

Logo, no segundo tramo ían mariscadores de a pé e de a flote, coa legoña e capacho na cadeira uns, e o rastro de vara ao lombo os outros.

A terceira fila, mariñeiros de liña, rapeteiros e xeiteiros portando cada un as súas artes: cacharro de miñocas, bou de vara e rolos de pesas.

Séguenos os da construción: canteiros, carpinteiros e albaneis, todos mostrando buxardas, garlopas e esparaveis.

Logo, aparece a mariña mercante cos capitáns á fronte, seguidos polos maquinistas, oficiais e mestranza, todos eles con uniformes e traxes de faena.

Cerran este colorido sandwich, os inchas do madrí e do barsa.

A alfombra floral trocárase nunha ancha esteira de fiúncho, de ruda, herba luísa, menta e collón de gato, rematada nos bordes por unha restra de hortensias.

Nas ventás -cheirando a alcanfor – colgan bandeiras españolas, colchas, mantóns de Manila, e toallas de angorina.

Ao darlles o sol ás herbas trilladas, despiden agradables albafores que, pouco a pouco, van toleando o grupo dos papamoscas que bailan a escachar.

Os da banda, ao aspiraren aqueles macerados efluvios, derivan entoando o de Ricky Martin: «Un pasito pa’lante, María un, dos, tres, un pasito pa’tras…», e así contaxian toda a recua, incluídos cregos, políticos e militares.

E, con este ritmo, recóllense na igrexa coma se dunha sacrílega macro-festa se tratase.

¡Anatematizados sexan!

 

6 comentarios en “Procesión conceptual

  1. Hola, Mingucho :
    Como veo que nunca llegaremos a estar de acuerdo en nuestra respectiva forma de pensar, será mejor dejar la polémica hasta tu próxima intervención. Seguro que habrá nuevamente controversia, pero siempre que sea civilizada como ha sido hasta ahora, la consideraré saludable y amena.
    Lo de desindiosincrasiado suena fatal, busca otro vocablo mejor. Tú puedes.
    ¡ Ah ! para ti siempre he sido Magda, no me lo cambies.
    Que el Paráclito te acompañe, querido Mingucho.

  2. Apreciada e querida veciña, son consciente que me está entrando un lixeiro complexo de misántropo, pero en cambio teño que confesar que me encantan estas controversias, sobre todo cando se dan entre xente civilizada; pois desta maneira ún sempre aprendo algo.
    Vou facer uns matices que á miña condición cívica, lles parecen razoables:
    Primeiro: Mal trato animal, tamén é rebentarlle os sentidos a paxariños, e demais animais domésticos —incluídos os que dormen hasta as doce—, coas bombas que cada semana se botan nesta tradicional parroquia, e non falemos coa batedeira da festa grande que inclúen as de palenque.
    Nos tempos que corren cando se fala tanto da contaminación acústica e medio ambiental, no sei que opinará desto o Paracleto (Santísimo Sacramento), e non digamos o pobre Nazareno, cando esposado o condenan a presenciar o estrondo da Covecha. Dito de paso, agora que indultan a todo díos, xa vai sendo hora que dunha vez, ceiben o Divino..
    O da Festa da Dorna ven a ser un culto a Baal a Dionisos ou Osiris. Unha festa onde a xuventude augurando o seu futuro se entrena para o suicidio colectivo.
    Admirada veciña: Que conste que non vai con sorna.
    Eliminamos a subida do burro o campanario, abolimos o xogo do galo desterramos a Santa Compaña i espantamos ó Orco palmeirán, que non se metía con ninguén.
    Sei que as campás naceron nunha época onde non había reloxos nas casas. Agora non sei que pintan rompéndolle a cabeza o vecindario.
    Sobre o orixe das bombas descoñezo o orixe e tradición, pero na actualidade, fanme a mesma graza que os petardos das Fallas e os destas festas do Entroido. Non lle atopo razón para que galiñas, cans, gatos, gaivotas e meniños, se humedezan de terror.
    Evolucionar e ir desterrando as tradicións salvaxes e trocalas por outras máis civilizadas.
    Cada un de nós somos libres de implorar ós nosos deuses, pero isto non implica a invasión da procesión pola carreteira xeral —que pertenceu a cantos a pagan—, invadir o espazo auditivo de veciños e visitantes, nin sei que pinta o exercito desfilando nestas relixiosas cerimonias da idiosincrasia trivial.
    Eu declárome desidiosincrasiado, un cidadán universal sen apego as tradicións, relixións e doutrinas do mundo. Un cismático ata onde me deixen.
    Unha aperta querida Madalena. E que o meu pesimismo, apoloxismo e catastrofismo, non eclise o esplendor do glamuroso desfile.

  3. Querido Mingucho: Muchas gracias por los inmerecidos elogios que me dedicas. Tengo la mala costumbre de no leer las respuestas antes de enviarlas y luego me avergüenzo al ver como a veces me repito y otras, dejo las frases inconclusas o mal organizadas. Pero como todos sabéis que soy lega en estas lides, ya me siento perdonada.
    Y yendo a lo tuyo, te diré, que a lo que tu llamas anacronismo yo, le llamo arraigo. Las raíces de un pueblo ( exceptuando las que dañan a los animales, o a personas ) siempre deben subsistir porque son la causa, el origen, de nuestra idiosincrasia.
    ¿ Sabes ahora, porque lo dijo el papa Francisco, que no hay infierno? Yo hace mucho tiempo que no creo en los cuentos de hadas, ni tampoco que he salido de la costilla de un varón , si fuera en caso contrario … a lo mejor aún cabría la duda.
    En cambio, referente a la fe, opino como Aristóteles, que suponía que había un Dios, o una causa primera que pone en marcha todos los procesos de la naturaleza.
    ¿ Ceremonias bélicas ? ¿ dónde están ? ¿ te refieres a la pirotecnia ?. ¿ No existe en la fiesta de la Dorna en Ribeira ? ¿ en la Guadalupe en Rianxo y en todas las fiestas ?.
    Bruselas. Por qué nos tienen que decir nada si la fiesta se hace con lo que aporta el pueblo y para obtener una pequeñísima subvención hay que demostrar que no es para la iglesia e invertir ese dinero en los gaiteros que recorren las calles de la villa exactamente igual que en las fiestas patronales?
    ¿Lo folclórico? Lo folclórico es algo nuestro, no de púlpitos ni almas en pena, eso lo dejamos para ” El bosque animado ” ( por cierto gran película ) Pero si a esa ” gran fiesta” alguien la considera así, en cierto modo tiene razón, es una fiesta muy popular.
    Un bico, querido Mingucho, en julio espero verte en el balcón, te haré un guiño como saludo.

  4. Querida veciña:
    Non saio do meu asombro diante da túa fluída facundia. Quedo abraiado, admirado e aparvado coa facilidade con que te expresas.
    Referente a filantrópica dedicación que lle dispensan en algunhas parroquias a estas festa-espetáculo, noto un certo anacronismo baseado nas últimas manifestacións do Papa, cando di, que: « o Inferno non existe, é que o de Adán i Eva foi un conto» Só falta que se pronuncie pola Santísima Trinidade.
    Os indios das Américas non sabían desas andrómenas metafísicas de purgatorios, limbos, ceos e infernos, ata que nós lles abrimos os ollos, e a cabeza.
    ¿Qué queres que che diga?
    A min chámame a atención que coas nosas cerimonias bélicas con bombas, cornetas, tambores, Semanas Santas e augas benditas; que os de Bruxelas no nos digan nada.
    Quizais nos teñan como unha reserva folclórica de púlpitos, desencravos, muiñeiras, aturuxos e almas en pena.
    Nunca se sabe das maléficas intencións dos que nos van a trocar os cartos suados toda unha vida, por unha estampita de plástico, con código de caducidade.
    Un bico, querida Magda. E non deixes de expresarte con esa frescura, graza e cognitiva.
    O teu veciño que che aprecia Mingucho.

  5. ¡¡ Qué tal noso Mingucho!! Ya veo que las coordenadas te han traído nuevamente hasta este Café tan sabroso, de lo cual me alegro enormemente. Bueno, como empiezas tu artículo como don Alonso Quijano, no hay manera de saber a que curato o parroquia te refieres, espero que no sea a la nuestra porque, si me dices que hemos perdido el fascinante glamour de antaño, me siento aludida y también triste al pertenecer o ser parte de los funcionantes de la ” fiesta grande”. Poco puedo contarte referente a la misma ya que vives un un lugar privilegiado y desde tu balcón puedes ver pasar ” os anxeliños ” que sí, todavía discurren en la citada procesión, son los niños que recibieron su primera Comunión en mayo. Los versos a María ya corresponden a otra fecha, al mes de la Inmaculada, también en mayo. Pero lo que sí puedo decirte ( esto no lo ves desde tu balcón ) es el inmenso trabajo que no percibe el que no está inmerso o implicado en la ” fiesta “. Hay que acudir a innumerables reuniones porque hay que solicitar un montón de permisos, contratar la banda, los gaiteros, el coro para la iglesia y la coral para la procesión, a la empresa que limpia la iglesia, al pirotécnico, los carteles para anunciarla y desplazarse a los pueblos vecinos a colocarlos donde nos lo permitan, pedir las subvenciones pertinentes, ir las mil y una al Ayuntamiento, salir a por flores, montar los altares, hacer las alfombras y llevarles ” avituallamiento ” a las que se pasan muchos días deshojando esas hojas que pasarán a ser efluvios. Y lo peor de todo: Tener que ir de casa en casa buscando la colaboración y generosidad de los ciudadanos de Palmeira porque sin ellos nada tendríamos, pero a Dios gracias, esa esplendidez existe en nuestra parroquia.
    Punto 1- Sí, la alfombra se renueva cada año. Dios nos da esquejes nuevos y renacen cada primavera.
    Punto 2- En el desfile puede participar todo el que quiera, incluso pueden hacerlo los señores de la escuadra y el compás, serían recibidos muy cordialmente.
    Punto 3- Eso de cambiar cabezas no me suena nada bien, me recuerda a la guillotina. Y añadirle esas cabezas que tu mencionas a los cabezudos tampoco, pero si quieren venir… Aquí no se veta a nadie, inclusive a los del Madrid y el Barcelona.
    Un besiño cariñoso noso Mingucho. ¡¡ No nos excomulgues hombre !!
    Con Dios, querido vecino.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *