Francisco Ant. Vidal Blanco. Ultima- mente estase poñendo de moda o de falar coa man diante da boca. Tanto a xente do goberno como os adestradores de fútbol colleron o costume de murmurar cos do lado tapando os beizos, e non precisamente pola halitose que poidan desprender, senón porque se volveron moi precavidos e moi desconfiados. Tal vez, máis ca por moda sexa por necesidade. A lección quedou aprendida despois de tantos micrófonos abertos e cámaras capaces de ler un mínimo movemento labial.
E é que, realmente non hai liberdade de expresión. O simple feito de sospeitar que poidamos ser sinalados co dedo baixo a desconfianza de estar falando mal deste ou daquel, pola maneira de mirar ou de dicir é un síntoma ben claro da existencia de encasillamento social, o que me lembra a un rapaciño sen moitas luces, quen nos acusaba diante de quen fose e poñéndonos en verdadeiros apuros, de «ser dos outros» porque criticábamos ó goberno.
Hai anos que aprendemos a medir as palabras trocando o que se quere dicir polo que se quere oír. O primeiro a saber é con quen vas falar, para que non che considere dos outros, porque ser dos outros é ser dos inimigos, e ós inimigos non é que non se lles dea pan nin auga, é que aínda se lles quita o que poidan ter. Vímolo con aqueles tipos alcumados da cella, que por ser dos outros provocaron tanta ira ministerial que o mundo da cultura, fose de usuarios ou de operarios, sumiuse na peor etapa cultural dos últimos anos, coa subida do IVE, co retiro de subvencións e ata gravando ós xubilados cando escriben algún artigo. Silenciouse a discrepancia para bombardearnos coa mediocridade dos ben vendidos e mellor adulados, con ese retorno ó consumo polo consumo do amigo fiel e do favor correspondido. Porque din que non hai censura pero hai amigos.
Por se acaso, mañá irei á misa de doce e dareille a paz ó señor concelleiro, ó señor cura párroco e a algunha veciña que me mira con malos ollos desde que deixei barba.
y en el capítulo 2 llamado <>
Querido Francisco: No suelo dar consejos a nadie porque aún tendría que ser yo la receptora de los mismos pero, voy a sugerirte algo que puede dar buen resultado para no tener que salirse del bar cuando hables algo en petit comité . Estoy leyendo un libro que se llama ” DESlenguaDOS ” y en el capítulo 2 llamado <> nos cuenta como una chica de 19 años remite este mensaje : – M ncnt ikr i sta buensm.
Traducción : Me encanta Íker y está buenísimo.
Por lo tanto Francisco, movil encima de la mesa o el mostrador y a practicar con el mss sin abrir la boca, y así aunque el tabernero mire de reojo para ambos móviles ( el tuyo y el de tu compañero de diálogo ) o tengáis cerca a alguien poco fiable, no podrá descifrar ese coloquio político referente os ” outros “.
La necesidad, según se dice, es maestra de utilizar el ingenio.
Besiños palmeiráns