Víctor Barbeito Pose. A ninguén lle sorprenderá que no litoral costeiro das parroquias ribeirenses de Artes e Olveira existe unha marisma próxima ao mar, dentro do actual sistema dunar de Corrubedo, na que se conta que se atopa cuberta polas súas augas a mítica cidade de Valverde. Nisto non hai ningunha achega nova, xa que a lenda é amplamente coñecida, como tamén acontece con outras moitas lagoas en terreos galaicos, como a de Alcaián, en Coristanco, ou a de Antela, na Limia, que asolagou a cidade de Antioquía.
Hai uns anos, uns compañeiros recolleron información oral dun lugar denominado Prado da Area, emprazado no contorno da marisma do Carregal. Nos traballos de extracción de area apareceron restos arqueolóxicos soterrados a uns tres metros de fondo; tratábase dunha gran construción paralela ao río que, pola súa envergadura, consideraron que se trataba dun peirao ou semellante. A isto hai que engadir outras referencias, como a recuperación de trabes de madeira de carballo e argolas de bronce no medio dos limos e lodos desa zona pantanosa, que irremediablemente nos fai voar a imaxinación.
Pero resulta que na documentación histórica existen algúns lugares documentados en época medieval, pertencentes a ambas as dúas parroquias (Olveira e Artes) que desapareceron, e dos que non se volveu ter constancia. Sabido é que a liña de costa ten evolucionado moito, que son espazos moi dinámicos, afectados por procesos tanto regresivos (retroceso do nivel do mar) como transgresivos (subida do nivel do mar), procesos moi complexos que teñen afectado os asentamentos de poboación; sirva como exemplo a vila galaico-romana de Noville en Mugardos que, tras do seu abandono, foi invadida parcialmente polo mar.
Aínda que algo se ten avanzado ao respecto, semella que no Barbanza, e incluso en Galicia, existe un gran baleiro de asentamentos no período comprendido entre o abandono dos castros nos primeiros séculos da Era cristiá ata o rexurdir dos burgos medievais ao longo da segunda metade do século XII en adiante. Semella que existiu unha longa noite de pedra de case mil anos, con tempos moi convulsos (crise do século III, chegada dos suevos e caída do Imperio romano durante o século V, a conquista musulmá no século VIII, as razzias de normandos, vikingos e sarracenos dende mediados do século IX ata ben entrado o século XI) nos que a xente só se achegaba á costa de forma ocasional e esporádica.
Que tengas un buen día Víctor:
Mi abuela que sabía contar historias como nadie – hoy sería una cuenta cuentos genial-me sentaba en su regazo y mientras me metía la cuchara en la boca me relataba muchos de los cuentos de esa colección árabe del siglo IX o tal vez del X ” Las mil y una noches” y recuerdo que también me hablaba de la ciudad de Valverde, la cual, en mi entelequia la relacionaba con los cuentos que Sherezade le contaba al Sultán y recuerdo que me decía que en los días en que el nordeste azotaba dicha ciudad, el dios Eolo hacía sonar una campana que los habitantes del pueblo oían tañer allá en las profundidades.
Y otra de las leyendas era la del pueblo de Bretal ( Ribeira ) era así: Hace muchos, muchos años la mayoría de la gente de Bretal se comportaba como los sodomitas o como los habitantes de Gomorra y que la Virgen de Moldes, antes miraba hacia dicho pueblo, entonces girándose hacia a Pobra dijo: ” No quiero ver tal ” y ver tal, fue degenerando hasta llegar al topónimo de Bretal.
Gracias, Víctor, tu artículo me ha hecho regresar a la niñez.
Saludos palmeiráns