Para Magdalena: Que é iso da música?

Young girlGonzalo Trasbach. Nunha conferencia que pronunciou en Cerisy-la-Salle, Normandía, en agosto de 1955, Martin Heidegger preguntaba, como introdución a unha conversa, que é iso da filosofía? Nun punto da exposición o profesor de Friburgo di: <Todo ente é no Ser. O oír isto soa para os nosos oídos como algo trivial, mesmo insultante. Ninguén ten por que preocuparse de que o ente pertenza ao Ser. Todo o mundo sabe que ente é o que é. E qué outra cousa lle queda ao ente senón: Ser?…>. Mais a que vén aquí esta referencia a Martin Heidegger? A “culpable” é Magdalena, a máis fiel seguidora e comentadora dos textos que se publican neste café. Non temos o ánimo de reprocharlle nada a esta vitalista e amable muller de Palmeira. Non. Todo o contrario. Foi ela cos seus comentarios a que provocou esta pequena reflexión.

Cando logo dalgún escrito sobre discos, como o da “Velvet & Nico”, que marcou un fito no seu tempo, hai agora 50 anos, Magdalena dicía que <sabía moito de música>, respondo que non é así. O que se sabe son algunhas historias sobre este ou outros discos, pero significa isto saber algo da música? Dito ao modo de Heidegger: que cona é iso que chamamos música? E facémonos a pregunta a sabendas de que a música proporciona á meirande parte dos seres humanos momentos vivenciais tan completos coma intensos. Aos que nos gusta, a música “éntranos” no corpo e na alma de xeito simultáneo e por moi distintas vías da sensibilidade. Pódenos alegrar ou amargar o día. Pode afundirnos na máis fonda das tristuras como nos pode encher de enerxía, vigor e mesmo desbordarnos de alegría. Mesmo podemos escoitala en soños, aínda que logo non nos lembremos exactamente dela.

Coa mesma forza das drogas máis duras e potentes, a música pode alterar a nosa condición mental e física, pode rebentar os tecidos cos que temos zurcido o noso carácter e o sistema nervioso que define a nosa identidade espiritual e corporal  (Patti Smith cando ía no coche e escoitou por vez primeira Light My Fire, dos Doors, tivo que deterse porque non podía seguir conducindo). musica2Dende Pitágoras sabemos que a música ten poderes curativos (amansa as feras, pero tamén as pode enfurecer) e, a través de Platón, que ten o poder de tolearnos. Lévi-Strauss di que a melodía é o misterio supremo da humanidade… Pero que “e”?

O Ser da música como o Ser do ente resístesenos. A resposta escápasenos. E como se nos escapa o que facemos de forma corrente é buscar descricións e metáforas. Case sempre deixamos a cuestión no ámbito do técnico e do histórico. Se fosemos auténticos, para falar de música teríamos que tatexar ou enmudecer. E, con todo, “sabemos” que “é” a música. Sabémolo no labirinto dos nosos corazóns e cabezas, sabémolo nas nosas medulas e nos nosos ósos. Coñecemos a súa historia e ten un significado para nós. E ten un “sentido” mesmo cando non hai maneira de parafrasear o seu “sentido”, cando é imposible expresalo doutro modo, de poñelo mediante o léxico ou de xeito formal.

Pola mesma razón, Heidegger di que iso da filosofía non é, en absoluto, a Historia da Filosofía. Tampouco a música é a Historia da Música. Pero si sabemos que o ser e o sentido da música son inseparables. Se un neno pequeno nos pregunta que “é” a música, o mellor xeito de responderlle é pór un disco, ou coller un instrumento e tocar unha peza. E dicirlle: isto é música, aínda que talvez nunca sexamos capaces de explicarlle que significa.

3 comentarios en “Para Magdalena: Que é iso da música?

  1. Mi entrada en el blog es para felicitar a Gonzalo Trabach por la dedicatoria a Magdalena -merecidísima- de su interesante artículo.
    Ayer tenía intención de mandar un comentario; pero, cuando me disponía a colgarlo, vi la respuesta de Magdalena a Gonzalo que, como todo lo que ella escribe, no tiene desperdicio.
    Al final opté por borrar cualquier referencia a vuestro blog y colgar mi humilde reseña (o lo que de ella quedaba después de la poda) en el “baúl de los recuerdos”. (Se me acaba de ocurrir ese nombre para referirme a una especie de –más que blog- revoltillo en el que voy metiendo lo que se me ocurre).
    La filosofía tiene mucho de intuición (por no decir que es pura intuición) y Magdalena es una persona intuitiva. Por eso le resulta tan fácil meterse en los vericuetos filosóficos. Y si, encima, es reflexiva y metódica, posee las características necesarias para filosofar. Ya Kant decía “no se aprende filosofía, se aprende a filosofar”. Y, Magdalena, además, tiene muy buenos maestros… Para colmo, no es consciente de su talento. Y en cuanto a la faceta humana…, supera con creces a la intelectual.
    Yo la admiro y la envidio. (Pero no se lo digáis. Lo de la envidia…).
    Buenas noches.

  2. Querido y admirado Gonzalo:
    Me siento muy satisfecha de que me hayas incluido en tu fantástico artículo en calidad de ” fiel seguidora y comentadora de textos ” pues en verdad que esa honorífica mención me la gano a pulso, pero a continuación tendríais que darme también el premio ” Ajo” por lo repetitiva y cansina que soy. Ojalá que nunca me mandéis al destierro porque con vosotros además de aprender, disfruto.
    Reitero en lo de considerarte una persona cultísima en el arte de la música y hasta me siento culpable por no poder contestarte como tú te lo mereces, pero mi formación musical en otras lenguas no pasa de conocer a Elvis con su emocionante ” Crying in the chapel ” a Roy Orbison con su fantástica ” California blue ” y los Carpenter con ” Close to you “, entre otras. Estoy de acuerdo en que la música proporciona esos momentos de intensidad. Cuándo algo nos gusta hay que disfrutar al máximo de eso que nos apasiona, A mí me ocurre con la poesía. Si un día estoy triste, leo algo de Rosalía, ella es capaz de abrir mis lagrimales y mandar ese síndrome que ya he nombrado varias veces al ostracismo, y con ella me convierto en masoquista porque lloro gozando. Tanto la música como la poesía son realmente mediadoras entre la vida de los sentidos y el espíritu.
    Me ha encantado el artículo Gonzalo, empleas términos preciosos. Muy guay.
    Me hizo mucha gracia la denominación en inglés de ” esquina ” ¿ porque te refieres a la esquina, no? Cuando dices que a modo de Heidegger…
    Bueno, espero pronto tu próximo artículo aunque no lleve mi nombre.
    Y acabo con don Miguel de Cervantes ” ” La música compone los ánimos descompuestos “.
    Un beso para todos, hoy, en especial para ti.

    1. Boas noites Magdalena. Lamento decepcionarte, pero non me refiero a “corner”. É unha vulgarización de coño, a pregunta é que coño é iso da música? É un xeito de enfatizar a pregunta. Agardo que me comprendas. Non ten ningunha connotación sexual. Aínda que neste punto, teño que dicir que admiro a poesía de ao menos unha galega, Olga Novo, que emprega palabras coma cona e outras similares dun xeito tan belo que me ten deixado conmocionado. O escrito, aparte de pretender rebaixar ese “saber tanto”, tiña coma finalidade darche moito ánimo. Sen mais, apertas dende Boiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *