Carta de amor a un robot

robot1X. Ricardo Losada. David Levy, un dos grandes expertos en intelixencia artificial, escribiu hai uns anos un libro titulado Amor e sexo con robots no que vaticinaba que no 2050 as relacións sexuais e afectivas dos seres humanos con androides serán habituais, e que mesmo solucionarán os problemas das persoas sen parella. Pois ben. Así como Steve Jobs, cofundador de Apple, dixo que o móbil intelixente era “o móbil traído do futuro ao presente”, os empresarios que, inspirados nunha experiencia xaponesa, montaron o primeiro prostíbulo de monecas de Europa en Barcelona (son de silicona e reproducen dunha forma hiperrealista o corpo da muller), poderán dicir que están traendo as prostitutas do futuro ao presente. E non só as prostitutas. Tamén as noivas, mulleres e amantes.

     É evidente que o mesmo sucederá cos prostitutos, os noivos, os maridos e os amantes. Como pasou co consumo de pornografía, ao principio só dirixida aos homes, a muller tamén poderá satisfacer as súas necesidades afectivas e sexuais con monecos. Porén xa se alzaron algunhas voces críticas contra a iniciativa acusándoa de sexista, e de denigrar a muller. Non son experto no tema nin teño lecturas suficientes para consolidar unha opinión, pero estes días lin un ensaio da sempre lúcida e intelixente Siri Hustvedt titulado “Sontag sobre o porno: cincuenta anos despois”, e fíxome pensar se a certo feminismo non lle estará pasando con ese prostíbulo barcelonés o que lle pasou hai anos cando se opuxo á pornografía.robot2 Identificar sexualidade e sexismo e considerar mala a pornografía por definición, é unha falsidade que rouba ás mulleres os seus propios desexos. Como di Betty Dodson: “Quero que o feminismo signifique que unha muller sabe o que quere na cama e consígueo”.

      Porque se en vez de pensar no futuro pensamos no pasado, a cousa non cambia moito. Os nosos antepasados primates tamén son expertos en buscar materiais lascivos. Hai anos oínlle contar a un primatólogo un experimento moi curioso que fixeran no zoo de Sevilla. Déronlle a unha chimpancé chamada Gina un mando a distancia e un televisor para que se entretivese soa polas noites. Despois de zapear polos diferentes canais, acabou enganchada ao canal porno. É un exemplo que os máis puritanos aproveitarán para dicir que a pornografía convértenos en bestas inmundas, animalízanos. Pero eses puritanos, como sabedes, son pouco de fiar. Non hai tantos anos, en pleno século XX, dicíanlles ás mulleres que aguantasen os maridos cando lles pegaban e insultaban a cotío, ou cando lles negaban a posibilidade de ter un orgasmo e as consideraban meros receptáculos de esperma. Pois que queredes que vos diga. Se eu fose unha daquelas mulleres, e puidese escoller, antes que cun home así, preferiría deitarme cun androide co que puidese conseguir na cama o que quero.

3 comentarios en “Carta de amor a un robot

  1. Ocurre que las musas tienen su código de honor, para poder favorecer a alguien con su Numen tienen que encontrarlo trabajando, incluso el día de hoy.
    Saludos desde Palmeira y que la creatividad nunca te abandone.

  2. 1- O outro día souben que hai unha asociación en España que reivindica a apatía sexual. Son persoas que non teñen necesidades sexuais, nin queren telas. Agardo non atoparme nunca entre os seus membros, pero pareceume xenial. Esa é a clave. Eu non criticaría a unha persoa que leva unha vida “mojigata” sempre que sexa unha decisión libre e soberana. O que critico son as persoas (“mojigatas” ou promiscuas) que cren que a súa forma de ver o mundo é a única forma de ver o mundo.
    2- Non lin esa novela de Stendhal, pero non creo que Ernestina e Gina rimen por casualidade.
    3- Como hoxe é o día do traballo, direi que no meu escritorio habitan máis os suores que as musas.
    Apertas rianxeiras sempre agradecidas

  3. Querido profesor:
    Hoy hemos ido a la feria a Padrón pero antes de salir de casa quise tomarme un café con el articulista de turno en Barbantia. Excuso decirte con quien lo tomé. Pero lo que sí te diré es que cuando íbamos en el coche comentaba con José Manuel – referente al artículo – que a ti te ponen en la mano un canto rodado y con el, con esa insignificancia, eres capaz de hacer la Muralla china o el Taj Mahal. Tu versatilidad en cuanto a los temas es muy fecundo, parece que tienes a las habitantes del monte Parnaso metidas en tu escritorio.
    Estoy completamente de acuerdo con lo que expresas al final del artículo, nadie tiene que aguantar a un, o una bestia. Con David Levy en lo único que no coincido es en la fecha. No creo que haya que esperar al 2050 para que eso ocurra.
    Hace unos días releí una novela de Stendhal ” Ernestina o el nacimiento del amor ” y si no fuera porque está tan magistralmente escrita no se salvaría del calificativo de mojigata por esa moralidad tan exagerada de la protagonista. Pero todo tiene su lógica en el siglo XIX no había mandos a distancia como el que el primatólogo le regaló a Gina.
    Un abrazo José Ricardo. Un placer leerte y releerte como a Henri Beyle.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *