Escoller

soler1
Foto: Xoán A. Soler (La Voz de Galicia)

Antón Riveiro Coello. Resulta estraño pensar que unha persoa, logo de saber que apenas lle quedan tres meses de vida por mor dun cancro terminal, atope algún resorte de optimismo no simple feito de fumar ou na posibilidade de poder seguir comendo chourizo. Tamén causa abraio o sorriso aberto de alguén sen brazos nin pernas. Por sorte, hai persoas así, que aceptan a máis crúa realidade cun extraordinario poder de encaixe. Aí atrás, vendo as fotos de Xoán A. Soler sobre a experiencia dun rapaz andaluz con parálise cerebral que, axudado polo seu irmán, cubriu en cadeira de rodas os 800 quilómetros do Camiño, sentín unha fonda emoción porque as imaxes expresan a forza da superación, toda unha lección de vida.

Mais tamén hai persoas que, conscientemente, aceptan a derrota cando a vida xa só é un sufrimento innecesario. Esa escolla que abriu R. Sampedro e hai pouco referendou J. A. Arrabal, é outro camiño de liberdade aínda que sexa un treito cara á propia morte.

sampedroUnha sociedade avanzada non pode pórse de perfil e ninguén debe escoller polo outro. E non vale o exemplo meritorio desas persoas que son quen de buscar o lado positivo mesmo na desgraza. Unha fría lucidez pode rexeitar calquera escenario onde todo se reduce a un feito vexetal, a un corpo sen apenas vida. A decisión, reservada para casos concretos, ten que ser persoal e intransferible. Só despois, feita a escolla con liberdade, poderemos entender os dous casos coma un acto de valor, non de covardía. E haberá que ver a decisión dos outros coa mesma naturalidade coa que o Enrique Picamoca, un coitado da miña vila, aceptaba a súa miseria e esa resposta tan resignada e triste, cando lle preguntabas se ía frío: “para que quero o frío se non teño abrigo”.

2 comentarios en “Escoller

  1. Efectivamente, Magdalena, ás veces esa porta, máis ca unha fuxida egoísta, é tamén un acto do amor cara ás persoas amadas. Bicos

  2. Buenos días, Antón: Yo también soy de la opinión de que las dos opciones son meritorias. Es verdad que aquél que teniendo una discapacidad total y aún así, ama la vida, es digno de admiración, pero en el caso contrario, nadie puede disponer de lo que el enfermo ha decidido hacer con su vida. El libre albedrío de cada cual, está por encima de adoctrinamientos y moralidades mal entendidas. En el caso de Ramón Sampedro y con seguridad en el de muchos otros que deciden marcharse, más que por ellos, lo hacen por los seres queridos que tienen a su alrededor, porque los daños colaterales a veces son tan penosos para ellos, como su propio sufrimiento físico.
    Besiños desde Palmeira, Antón.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *