Elvis & Nixon , de Liza Johnson

elvisXerardo AgraFoxo. Máis que unha película, esta historia baseada en feitos reais semella un docudrama no que se enfronta a dúas personalidades históricas tan controvertidas como diferentes entre si.  Nun lado está o presidente Richard Nixon nun intre do seu mandato condicionado polas protestas urbanas e a posibilidade de perder a Guerra do Vietnam. Na outra, Elvis Presley, o Rei do Rock, en declive a medida que a beatlemanía arrasaba nos Estados Unidos, que intenta entrar no Despacho Oval para cumprir unha teima que se lle meteu na cachola durante as noites de insomnio en Graceland: conseguir –a calquera prezo– una placa de Axente Federal –encuberto– da Oficina de Estupefacientes para poder loitar contra o consumo de drogas que se estaba a espallar por todo o país. Unha insólita proposta cando el estaba enganchado coa Dexedrina (anfetamina) e o Demerol (analxésico). O encontro, logo de que os asesores de Nixon se comprometeran cos do cantante para concederlle tal desexo a cambio dunhas fotografías que puidesen mellorar a imaxe dun presidente en declive, tivo lugar o 21 de decembro de 1970 na Casa Branca.

Con este material histórico, a directora Liza Johnson (Returm, 2011) consegue con Elvis & Nixon (2016), unha excelente película na que destacan as magníficas interpretacións que realizan Michael Shannon, como Elvis Presley, e Kevin Spacey, como Richard Nixon. Un filme divertido e cunha montaxe teatral tan medida que acentúa a dúas persoas camiño da súa perdición. Un drama shakesperiano ou unha peza cómica de Darío Fo?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *