Haworth

vidaInés Otero. Hai uns meses lin Todo ese fuego (2015), un libro de Ángeles Caso no que retrataba a vida das irmáns Brontë na casa reitoral de Haworth, onde as tres fillas do pastor comezan a xornada realizando as tarefas domésticas mentres agardan que chegue a tarde para tecer as súas novelas. Charlotte escribe Jane Eyre, Emily Cumes borrascosos e Anne Anne Grey. Tamén coñecemos a vida licenciosa de seu irmán, o admirado Branwell, mergullado no opio e perdido na relación amorosa cunha muller casada.

Agora caeu nas miñas mans Vida de Charlotte Brontë, de Elizabeth Gaskell, a autora de Cranford (1853) e Norte e Sur (1885), que ten o mérito de que a escribiu tan só dous anos despois da morte de Charlotte, coa cal compartiu algunhas cuncas de té, pero que, segundo Ángeles Caso, co seu desexo de converter as irmás Brontë no arquetipo dunhas mulleres vitorianas, chegou a ocultar datos importantes da súa amiga, como o amor que Charlotte sentira polo profesor belga Constantin Hege. todoEn calquera caso a lectura resulta ilustrativa para coñecer cousas curiosas das súas vidas, como as dificultades para atopar papel, os escasos coñecementos que tiñan cando entraron na escola e os problemas para ocultar a autoría das súas obras, así como as enfermidades que padecían por vivir a carón dun cemiterio ou as discusións cos seus editores cando lles ocultaban as críticas negativas. E tamén o papel que desempeñou nas súas vidas Pactrick Bronteë que morreu con oitenta e sete anos, o 7 de xuño de 1862, logo de enterrar súa muller e os seis fillos.

Unha lectura admirable e a oportunidade para visitar un día o santuario literario de Haworth.

Un comentario en “Haworth

  1. Gracias Inés, por la recomendación del libro de Ángeles caso. Me encantan los libros de las hermanas Brontë, y si un autor me gusta, me atrae el conocer un poco de su vida.
    Buenos días desde Palmeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *