El báculo y la ballesta. Diego Gelmírez (1065-1140), de Ermelindo Portela

baculoXerardo AgraFoxo. Da man deste recoñecido investigador, catedrático de Historia Medieval da USC,  temos unha excepcional obra, unhas páxinas que resaltan a figura do arcebispo de Santiago de Compostela entre os anos 1100 e 1140. O libro, que conta cunha ampla Bibliografía e un  Índice de Nombres, está divido en tres amplas partes. A primeira, baixo o título de LA CRISTIANDAD, recolle os esforzo de Diego Xelmírez para potenciar a cidade do apóstolo nun intre dominado polos esforzos dos reinos cristiáns para levar adiante o espírito da Reconquista. A segunda, titulada El REINO, é un estudo sobre as controversias xurdidas entre o arcebispo e os burgueses de Santiago e os seus enfrontamentos coa monarquía  castelá representada pola raíña dona Urraca e o seu home Raimundo de Borgoña. Na terceira, EL SEÑORÍO, resulta imprescindible para coñecer como se consolidou o Señorío da Terra de Santiago, entre os ríos Tambre e Ulla, a partir das concesións que acadou a Mitra coas doazóns rexias, e como soubo defender o seu territorio administrativo, no que, por certo,  estaba incluída a Terra da Barbanza.

ermeEste estudo, máis que ofrecer unha candea sobre algúns perfiles biográficos de Xelmírez, ofrece unha documentada visión sobre a dimensión política que adquiriu este controvertido prelado naquela época que algúns historiadores galegos bautizaron no seu día como a ERA DE COMPOSTELA (S. XI-XIII). Sen dúbida, unha obra de lectura agradable e de importancia vital para todos aqueles que desexen mergullarse nun período tan transcendente da nosa historia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *