A mirada interior

mirada2Fidel Vidal. Existir, ex-sistencia, é un “nacer”, unha forma de saír dun determinado sitio, para estar nun “fóra de lugar” dinámico. Este non estar onde se espera, como se dun significante oculto se tratase, equivale a, como sexa, pórse noutro lado, nun outro lugar. O obsesivo teima por colocar cada cousa no seu sitio e ter un sitio para cada cousa, unha maneira inconsciente de se desculpar por culpa dunha (suposta) falta cometida. O desorde esixe un maior esforzo no control que a colocación ordenada, non para min senón para o Outro (interior) sempre vixiante.

O significante vai unido a un significado potencial e asigna un lugar. Nas leis da “segregación urinaria” Damas/Cabaleiros das portas dos escusados o significante da escrita non inscribe neles os conceptos de home e muller, ou varón e femia, senón que rexistra e asenta unha diferenza. Máis exactamente: Cabaleiros≠Damas, a diferenciación de sexos, é dicir, a lei mesma. (J.-L. Nancy, Ph. Lacoue-Labarthe, O título da letra)

O lugar asignado a Deus está na palabra Deus, materia sen substancia, letra. Precisaríamos doutra porta para el, e outro letreiro. Xa non se discute sobre o signo respecto do significado e cuxa existencia esgótase en tal asociación, senón a orde do espazo segundo o cal a lei se inscribe, e márcase como diferenza. Na lingua non hai máis nada que puras diferenzas.

Por que a amada –en frei Juan de la Cruz- non se atopa no lugar axeitado para evitar así a súa busca? A existencia da amada supón faltar do lugar. O termo asociado á busca, á identificación do lugar agochado, dáse na canción que comeza con ¡Oh cristalina fuente.... A Amada –convén J. A. Valente- constitúese no seu interior –nas entrañas- como mirada do Amado. Aquí está o nacemento do mirar do outro: do outro de si, “do infinitamente outro que o constitúe”. Non pide ver, pide ser vista.

miradaPara Freud o obxecto da pulsión, distinto da meta, é “aquilo no que ou mediante o cal a pulsión pode alcanzar a meta”. Di tamén: “Chamemos ‘obxecto sexual’ á persoa que exerce a atracción sexual, e ‘meta sexual’ á acción á que se ve empuxada a pulsión. Primeiro está o encontro co Obxecto, o cal toma a iniciativa da ‘dichosa ventura’. A chamada do Obxecto, a espera do Amado, provocan a saída da amada: ‘adonde me esperaba / quien yo bien me sabía.

Tal como acontece nun amor apaixonado –ou na aventura mística- a ausencia do ser amado causa un sentimento de angustia, de desamparo, de nostalxia. Provoca a busca do Obxecto perdido. A atracción do Obxecto místico, a forza da súa sedución, revélanse polo ímpeto da busca que impulsa: salí tras ti clamando, y eras ido. A ansia da busca só se calma, ou se colma, co encontro do Obxecto amado, o cal permite identificar o Obxecto místico co obxecto do desexo inconsciente. Iso é precisamente o que expresa frei Juan de la Cruz: ¿Qué más quieres, ¡oh alma!, y qué más buscas fuera de ti, pues dentro de ti tienes tus riquezas, tus deleites, tu satisfacción, tu hartura y tu reino, que es tu Amado.

2 comentarios en “A mirada interior

  1. “Ex-sistencia”, como nacimiento y Dios como palabra.
    Un bello texto el tuyo, Fidel, pues hace evocar la importancia de ese nuevo nacimiento, que la Psiquiatría puede facilitar, de un nacer de nuevo que puede ocurrir reiteradas veces, con intervalos de nostalgia de lo Absoluto y a la vez más íntimo. Oscilando entre el hundimiento y el abandono extático. Como aceptación de una receptividad pasiva.
    ¿Cómo puede un hombre nacer siendo viejo? le preguntaba Nicodemo a Jesús. Pero Jesús no solía dar respuestas concretas, sólo sugería miradas y las preguntas mismas.
    Ese es el gran reto vital, nacer de nuevo, intentarlo siempre. Nacer a la vida nueva, del desapego, de la libertad. No importa la creencia en la letra, sino la vida que la ha plasmado y que la realiza.
    Y “Dios” parece así la palabra que marca la gran aporía, porque no se puede nombrar lo Innombrable ni adorar lo idolatrado con un término. Una palabra que sólo parece útil como eso, como término operativo, en construcción, de referencia al sentimiento inefable del Gran Misterio, no como algo intelectual, sino sensitivo, místico, tan oculto como visible en piedras, flores y estrellas. En ese sentido, Dios devendría con nosotros, lejano de la inmovilidad aristotélica. Sosteniéndolo todo. Siéndolo todo.
    No sorprende que la expresión mística y la erótica lleguen a ser lo mismo cuando se refieren al fundamento impensable.
    Un abrazo,
    Javier.

    1. Comentarios coma o teu, Javier, máis que enriquecer a miña aportación, que o fan, enchen de saber e sentido este Café. A mística e a erótica xuntas, ou a mesma cousa: lembremos o orgasmo frote á éxtase, aquel expresado co termo francés “petite morte”, desaparición momentánea, parálise, sentir sen control: gozo.
      Unha aperta,
      Fidel

Deixa una resposta a Fidel Vidal Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *