Pel de cerva

Camera 14MP-9PCXosé Manuel Lobato. Camiñar devagar, para tentar auscultar as mensaxes que transmite sen estridencias a serra da Barbanza, unha serra brava e solitaria que goza dunha panorámica sen paran-gón. Percorrer estas sendas é un exercicio físico esixente, mais o esforzo ben merece o tributo coa senlleira romana, a compensación supera calquera esgotamento. Nesta paraxe indómita, cantada e trobada polo Atlántico, as distancias son exclusivas e non posúen etiquetas de exactitude. Porén os atrancos e dificultades están sempre presentes dificultando o avance.

Ante a escasa presenza do ser humano, o dominio do territorio é unha exclusividade da escasa flora e fauna, ambas mutiladas polos lumes sucesivos que se repiten sen que ninguén faga nada. As queimas son as que impiden que esta paraxe sexa o universo dourado de infinidade de especies; hoxe podemos imaxinalas, crealas no noso maxín, mesmo visualizalas dende un estadio de alucinación permanente.

Serra_do_BarbanzaDesvarío que insiste en agarimar co caxato; uces, xestas, carrascos, toxos… así como calquera outro morador nativo, seres de espírito libre e ánima ventureira chamuscados reiteradamente sen compaixón.

Nesa atalaia ideal posible, aínda que evitada con aleivosía, nesta época serían os pétalos das cerdeiras de Santa Lucía as que se arrolan no ar, e se perciben felices no seu derradeiro voo: elas forman esa ofrenda floral aos centenarios carreiros que forman un labirinto sen fin de branca pureza.

Unha alfombra decorada por varias especies de orquídeas salvaxes de fermosura única, e neste decorado floral os grilos ananos compiten por acadar o mellor recuncho.

Bucólico lugar, un camiño para andar e de súpeto encontrar a crúa realidade. Sobre esta alfombra floral, entre estilizadas orquídeas xace o corpo dunha cerva abatida na súa esplendorosa madurez.

incendioDegolada, agarda a ser devorada na súa totalidade, un tributo excesivo, posiblemente moi inxusto, aínda que a sabia natura sempre ten razóns. Mais a razón de vivir para morrer non sempre se entende. No entanto, nesta travesía, a realidade contemplada supera calquera ficción de maquiavélica arte.

3 comentarios en “Pel de cerva

  1. Llevaba tanto tiempo sin entrar en Café Barbantia que hasta el idioma se me está resistiendo. Las pocas veces que lo hago comienzo leyendo los comentarios de Magdalena, y son tan buenos que me obligan a meterme en los artículos correspondientes
    Pero el comentario de Gonzalo Trabach es magnífico, un bellísimo canto a la Naturaleza: la personificación que hace de la montaña es inmejorable.
    Y no es de extrañar, ya que tu artículo bien merece esas respuestas. Un poco derrotista, eso sí, pero de un realismo apabullante. Y lo malo es que, en cuanto a incendios, la cosa no pinta nada bien.

  2. Hola, Xosé Manuel:
    Desde que he leído ” Paradoxal anamnese ” un bello artículo tuyo, siempre hago un alto en mis faenas para leerte. Me gusta degustar ese sentimiento con el que tú, describes a la naturaleza. Yo te entiendo perfectamente, porque he vivido casi 20 años en una cordillera montañosa de los Pirineos, y aunque muchas veces añoraba nuestro mar, me resarcía con la paz de aquellos valles y montañas sin horizonte. He recogido varias especies de setas o ” bolets ” como allí se denominan. Fresas salvajes, ( las que aquí conocemos como amorotes ) frambuesas y arándanos. Salía todas las tardes a disfrutar de esa impagable naturaleza y de esos hermosos campos tapizados de toda clase de flores autóctonas. Allí, no había incendios.
    Para acabar, al tiempo de darte las gracias, si me permites se las transmito al mismo tiempo a nuestro amigo Gonzalo, porque, su comentario, es espléndido.
    Besiños palmeirán para los dos.

  3. Aprezado Lobato. Tamén son eu “amigo” desta serra brava e ¿solitaria? Aprendín a camiñar pola súa pel seguindo os estreitos camiños que trazan os animais indo de aquí para aló (non polas pistas). Buscando pasto ou abrigo, ou mesmo un lugar para agocharse das sombras da noite, das súas feras máis feroces. Sempre me cativou o instinto das vacas, das cabras, dos cabalos, dos xabaríns, esa bendita besta maldicida polos medios, eles tan humanitarios, verdade? Non me disgusta o teu comentario sobre a túa estupenda excursión. Gústame. Mais, un pensa que sempre ve o que outros non ven cando atravesan a vella pel dese animal vivo que é para un a montaña. Teño durmido aló arriba. Experimentei o que é unha tronada aló arriba. Aló as nubes non choran, braman. Mais tamén experimentei ou sufrín o desdén da serra cando se fartou de min. Daquela, un tamén se laiaba moito do pouco que outros facían para que o seu pelo non ardera un verán si e outro tamén. Escoitei o seu berro na carballeira de Sabuceda: a culpa é de todos vós, do vosou autodio. A montaña sinte, escoita, ríe e chora. Cabréase. Pódeche amar como te pode rexeitar. A súa luz, o seu calor, o súa cor, os seu latidos…Todo está vivo na montaña. Todo, mesmo esa lúa chea de xuño tecendo un novo amor para o verán. Sáudos e ánimo. Volve arriba e escoita a melodía cálida do soar do vento na calma do atardecer cando a luz cae solitaria polo oeste, nun ceo sen paxaros nin seres humáns á vista.

Deixa una resposta a Magdalena Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *