Eloxio da copia e do debuxo

dibujar

Fidel Vidal. T. S. Eliot deixounos esta frase: “Os poetas inmaturos copian, os maduros rouban”. Isto non significa estar a favor do plaxio senón de aproveitar as vantaxes que supón practicar guiados da man dos mellores. Así é como concibo o volume Debuxar cos grandes mestres, de Jeffery Camp (Blume, 1982), ofrecido como outro método para aprender a arte do debuxo, mais resulta ser diferente do habitual nesta clase de obras. O texto vén recomendado e presentado por David Hockney: “É o libro máis completo de trazos en follas de papel que vin na miña vida”. O pintor admite que “calquera é quen de aprender a debuxar realmente ben, exactamente igual que se aprende a escribir”. Un refrescante grolo de ánimo. Debuxar, segue Hockney, axuda a pór orde nos pensamentos e mesmo a pensar con orixinalidade.

Que sexa un bo método de aprendizaxe próbao “a enorme cantidade de copias que foron realizados por artistas extraordinarios”. O libro está dividido por temas, desde o tipo de materiais até os máis específicos, como composición, figura humana, e desta párase nas orellas, pernas, caras, etcétera, e mesmo árbores, mar, outono, neve, e un abundante número doutras especificacións. O máis atractivo para min son as ilustracións, que van desde Brueghel até Jarper Johns. Así atopamos debuxos de Miguel Ángel, autorretratos a carbonciño de Rembrandt, de Hoppe, e de Matisse sobre papel texturado; trazos e augadas de Lautrec, elegantes e finos escorzos a lapis de Modigliani, apuntes de Goya a tinta china diluída, debuxos a pincel e a lapis de Picasso sobre lenzo, ou ondas sobre o mar ou campos de cereais a tinta e plumilla de Van Gogh. Cabalos e cabaleiros de Degas, manchas xeométricas a cores de Klee, debuxos a grafito unha e outra vez borrados de Giacometti, e por aí.

dibujar2Postos a copiar -aconsella Jeffery Camp-, nada mellor que escoller “os grandes mestres copistas”. Deseguido fai un relato deles, porque “case todos os artistas copiaron”. Velaquí unha selección dos mesmos: Pousin copiou a Tiziano, e del tamén se aproveitou Manet, ademais de Mantegna e Rembrandt; Cézanne copiou a Caravaggio, Delacroix e outros; Matisse reproduciu obras no Louvre e vendía as copias; Van Gogh fixo o mesmo con Millet, Holbin, Rembrandt, Gauguin, Doré, Corot; Delacroix a Rubens, Tiziano, Correggio; Degas aproveitouse de Holbein e Piombo; Picasso de Cranach, O Greco, Courbet, Manet, Poussin, Velázquez; Durero copiou a Goya; Gris a Corot e a Cézanne; Fancis Bacon fixo numerosas interpretacións do Inocencio X de Velázquez, e en Hockney aprécianse influencias de Picasso e do cubismo. Polo tanto, non reparemos en aprender, sen medo e con decisión, copiando dos máis grandes.

 

Esta entrada foi publicada en Artes plásticas e escultura, Ensaio, Fidel Vidal. Garda a ligazón permanente.

4 respostas a Eloxio da copia e do debuxo

  1. Nunca se me dio bien el dibujo: recuerdo que cuando estudiábamos bachillerato (no era la única que lo hacía) acudíamos a un maestro en paro que, por el módico precio de diez pesetas, nos dibujaba las láminas que teníamos que presentar en los exámenes. Lo curioso es que nunca nos pillasen haciendo el cambio.
    Dicho lo anterior empiezo a creer que Hockney tiene más razón que un santo en eso de que “dibujar ayuda a poner en orden nuestros pensamientos y a pensar con originalidad”. Me encantaría ser una excepción a esa regla, pero no es mi caso.
    A pesar de no saber “dibujar” la o con un canuto, me encanta la pintura y asisto a charlas y exposiciones siempre que puedo. Hace años asistí a unos ciclos de películas temáticas, uno de ellos dedicado a la pintura. Creo que la películas que más huella me dejó fue la que se refería a la vida y obra de Gustav Klimt. Si mal no recuerdo se titulaba “Klimt”, simplemente.
    En cuanto a lo de los pintores copistas…, es una técnica que se da en todas las artes: podría escribir una lista de compositores –por ejemplo- todavía más larga que la de los pintores que mencionas, incluido el propio Wagner.
    Igor Stravinsky también decía: “Un buen compositor no imita, roba”. Pienso que –copia o robo- el quid de la cuestión está en que lo copiado o robado mejore el original.
    Suele ocurrir.
    Boas noites.

  2. Magdalena di:

    Conozco a Juan Fernández. Hará cerca de un año fui a ver una exposición suya a Ribeira. Me encantaron sus obras y lo felicité personalmente. Es vecino de una íntima amiga mía, por tanto tendré ocasión de transmitirle el abrazo de tu parte.
    Salud, Fidel y buenas noches.

  3. Fidel Vidal di:

    Miña moi atenta Magdalena:
    O grandísimo pintor de 42 obras, máis ben de “pequeno formato”, autor do “cadro máis fermoso que vin na miña vida”, segundo lle confesou por carta a un crítico de arte Marcel Proust referindose a “Vista de Delft” (xa ves, unha obra de “exteriores” cando a maior parte son escenas en “interiores”), polo que Vermeer vai entrar na “Recherche” como tema en varios dos personaxes. Non sei se copiou de alguén pero si que o copiaron a el. En Palmeira reside un gran pintor e amigo, Xoán Fernández, gran admirador e seguidor de Vermeer. Se o coñeces e o ves dalle unha forte aperta. Saúde e boas obras.

  4. Magdalena di:

    Querido Fidel:
    Me has dejado perpleja al ver que tantos y tan buenos pintores se copiaban unos a otros. Pero, al leer tu explicación de que así, se pueden aprovechar las ventajas, de aprender de los mejores… ya me pareció una argumentación razonable.
    Veo que citas a muchos grandes genios del arte, pero no está mi preferido, que es Vermeer.
    Hace años leí un libro que se llama ” La joven de la perla “. Me encantó el libro y me entusiasmó la pintura. Tengo una colección en casa de libros de Grandes pintores, y al leer el libro de Tracy Chevalier, miré, si entre ellos estaba Vermeer y tuve la suerte de que sí, allí estaba el gran pintor holandés que, aunque sólo pintó treinta y pico de cuadros, con ellos manifestó su talento.
    Un abrazo desde Palmeira, Fidel, y saludos para Javier Peteiro.

Deixa una resposta a carmen gonzález Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>